Este domingo 3 de xuño celebrábanse na Igrexa Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto as típicas comunións de Corpus Christi ante un templo porteño abarrotado de familiares e amigos que non se quixeron perder este importante evento nas vidas destes cinco nenos porteños. Jason, Iria, Pablo, María e Íker tomaron por primeira vez o corpo de cristo, alimento vital da nosa alma cristiana, da man do noso querido Páter Don Eduardo Puga ante as felices e orgullosas catequistas que vían aos seus pequenos alumnos como se transformaban nuns auténticos cristianos. Os pequenos portáronse xenial neste importantísimo momento da súa vida que foi inmortalizado polos fotógrafos de Viéndote Crecer Fotografía Infantil de Camariñas. Despois da ceremonia e das fotos chegou o momento da festa e dos xogos que os afortunados pais destes excelentes nenos e nenas lles tiñan preparado nos seus respectivos restaurantes. E dende aquí tan só felicitar a estes preciosos nenos, as súas familias e tamén a todas as catequistas polo gran traballo realizado no día da primeira comunión destes pequenos porteños. Noraboa a todos!
Comunións 2018 en Viéndote Crecer Fotografía Infantil na Costa da Morte
Comunións 2018 en Viéndote Crecer Fotografía Infantil na Costa da Morte

Comentarios   

Balbina
0 # Balbinalopezperez@gmail.comBalbina 16/06/2018 13:13
Quiero agradecer a Consuelo y a Concha , que tanto empeño y cariño ponen en cada celebración religiosa y en .Ya lo he dicho muchas veces; a pesar de ser, Yo, muy crítica con la institución eclesiástica, debo reconocer que gente como ellas hacen y el nuevo sacerdote,que de gustó ir a misa. Felicidades.
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar