A incombustible comisión da útimamente tan exitosa festa de San Pedro da Ponte do Porto veñen de facer público o cartel da próxima edición das festas parroquias da nosa querida viña porteña. Un cartel repleto de días de troula no que a novidade principal desta edición será a continuidade nos días festivos. Así dende o 29 de xuño ata o 1 de xullo poderemos desfrutar ininterrumpidamente e día tras días dos nada máis e nada menos que cinco días de festa. Esta non será a única diferencia con respecto a outras edicións desta tradiciónal cita verbeneira da Costa da Morte, se non que outra das importantes novidades do San Pedro 218 constitúe o traslado por mor do calendario da tradicional sardiñada que se celebra dende tempos inmemorias na Ponte o día 28 de xuño poderemos disfrutala o día 27. E xa despois desta xornada de véspera chega un auténtico batallón de días festivos acompañados polas respectivas misas e procesións diarias dunha das festas máis importantes do Concello de Camariñas que inaugura, como caseque todos os anos, a xornada estival da Costa da Morte. E alí estaremos para contarvos todo canto na Festa de San Pedro da Ponte do Porto 2018 aconteza.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar