Na tarde deste luns 14 de maio de 2018 falecía na súa casa o querido veciño da Ponte do Porto Don Jorge Velo Bouzas aos seus 70 anos de idade. Don Jorge, coñecido por ser na súa xuventude integrante como exitoso vocalista de famosas orquestras de toda a Costa da Morte, está sendo velado no Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto dende onde sairán os seus restos mortais ás 16:15 da tarde deste martes 15 de maio cara a Igrexa Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto. Xa no sagrado templo porteño será celebrado o funeral de corpo presente por este querido veciño para, acto seguido, prcederse a realizar o seu sepelio no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto onde o corpo sen vida de Don Jorge terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Jorge Velo Bouzas especialmente á súa Dona Dolores así como aos seus fillos e amigos desta redacción Jorge e Eva Velo Rey. Descanse en Paz.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar