Na tarde noite deste mércores 9 de maio de 2018 a redacción desta we recibía a triste noticia da defunciónda querida veciña da Ponte do Porto Dona Pastora Leis Sambade aos seus 88 anos de idade. O corpo de Dona Pastora, querida e respetada veciña da parrquia porteña, está sendo velada no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto dende onde sairá cara o templo católico da Ponte do Porto ás 16:15 da tarde deste xoves 10 de maio de 2018. Alí, xa na Igrexa Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, será celebrado o funeral de corpo presente por Dona Pastora para, acto seguido, ser realizado o sepelio no Cemiterio Veciñal da localidade porteña onde os restos mortais desta querida veciña da Ponte terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Pastora Leis Sambade. Descanse en Paz.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar