A semana do 26 de Febreiro comezaron os talleres no CEIP de Ponte do Porto, por parte da Técnica de Igualdade contratada polo Concello de Camariñas. Os obradoiros van encamiñados a realización de diferentes actividades para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 4º, 5º e 6º de Educación Infantil. Todas as actividades teñen como fío condutor o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

Co alumnado de 5º e 6º de Primaria trabállanse os sucesos que pasaron na historia da loita pola igualdade de dereitos das mulleres. E que deron paso a celebración e establecemento do 8 de Marzo como Día Internacional da Muller. Tamén se traballaron biografías de mulleres importantes na historia que o alumnado plasmará en diferentes carteis que serán expostos posteriormente nos comercios da zona. Co alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación infantil realizáronse actividades nas que os nenos e nenas representaron a muller máis importante da súa vida.

En fin, unha boa iniciativa desenrolada dende o concello co fin de facer visible os logros obtidos ao longo do tempo das mulleres, as aportacións destas á sociedade e os retos de mellora alcanzados. Sen esquecernos de algo tan importante como seguir educando en igualdade. (coeducación)

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar