Non paran de sucederse as noticias tráxicas que asolan a nosa estimada parroquia da Ponte do Porto. Na tarde deste mércores 7 de marzo recibíamos a desgraciada noticia da repentina morte do querido veciño da Ponte Don Manuel Dios Rodríguez aos seus 74 anos de idade. O Diosiño, tal e como era cariñosamente coñecido en todo o concello, está sendo velado na sala 2 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara o sagrado templo porteño ás 17:15 horas da tarde deste xoves 8 de marzo de 2018 para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a trasladar o féretro de Don Manuel cara ao cemiterio da Ponte do Porto onde o corpo sen vida deste apreciado veciño porteño terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño nestes duros momentos que están a pasar a toda a familia e amigos de Don Manuel Dios Rodríguez, Descanse en Paz.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar