Siguen as tráxicas noticias para a Ponte do Porto. Desta volta a redacción de Camarinas.eu recibía na tarde deste xoves primeiro de febreiro un duro golpe ao coñecerse a repentina morte do querido veciño da Ponte do Porto Manuel Alvite Pardiñas aos seus 65 anos de idade. Manolucho, emprendedor notable que colleitara grandes éxitos no mundo empresarial falecía na súa casa da Coruña despois dunha longa loita contra unha enfermidade que ao final levouse por diante a vida deste insigne veciño porteño. Persoa afable, cun estilo e unha educación que o facían único, sempre impecable e desbordante de simpatía, nos últimos anos colleitou un notorio éxito levando a cabo en sociedade a xerencia do Grupo Comarea, todo un bastión hostaleiro na cidade herculina. Pero sobretodo vaise unha persoa referente daquela mocidade da Ponte do Porto dos anos sesenta e setenta que tan querida foi por todos os pobos da costa e tanta huella deixou nas xeracións vindeiras. O corpo sen vida de Manolucho está sendo velado no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara o sagrado templo porteño ás 17:00 horas deste venres para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido, os restos mortais de Manolucho serán trasladados ata o Cemiterio Parroquial da Ponte do Porto donde o corpo sen vida do noso amigo tomará merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolecias a toda a familia e amigos de Manolucho, especialmente a súa compañeira Oti, súa irmán Begoña, seus sobriños que eran como os seus fillos Begoñita e marido e Bertín así como aos pequenos da casa Claudia André e Breixo que eran a debilidade de Manolucho. Descanse en Paz.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar