Os integrantes da comisión da festa de San Pedro da Ponte do Porto comezan a preparar a edición 2018 do patrón porteño, e fano ca organización dunha festa por todo o alto que nos presentan aquí en Camarinas.eu en rigurosa exclusiva. Será a primeira vez que esta comisión poña en marcha unha multitudinaria cea-baile que se celebrará no Pavillón Municipal da Ponte o sábado día 23 de decembro a partir das 10 da noite. O espectacular menú que a organización vai a preparar está composto por Piña con cócktel de gambas de primeiro, a continuación servirase unhas exquisitas ameixas con fabas, e para rematar a faena todo un espectacular redondo de tenreira con guarnición, postre, pan, viño, café e chupito engadidos. E todo elo por só 25 euros!! Ademáis, para todos os que teñan nenos, haberá un menú infantil especial a 10 euros e haberá un servizo de animador-cuidador de nenos con hinchables e xogos diversos. E para os que non queiran ir á cea e só desexen desfrutar do baile do gran Grupo America SL tan só terán que abonar 5 euriños de entrada. Para mercar as entradas a esta gran festa para recaudar fondos para o San Pedro os interesados poden adquirilas no Restaurante O Ariño ou chamando ao teléfono da comisión de festas nos 699 68 78 28 ou no 628 35 66 73. En fin, unha gran iniciativa a da comisión de festas de San Pedro da Ponte do Porto que de seguro terá unha gran acollida entre gran parte dos veciños do concello. Camarinas.eu alí estará para dar boa conta do espectacular menú e tamén do que alí aconteza.
Cartel da 1ª Festa Terra de Emigrantes da Ponte do Porto
Cartel da 1ª Festa Terra de Emigrantes da Ponte do Porto

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.