O iate Reira triunfa na Ría de Vigo
Deportes na Ponte do Porto
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Lunes, 21 de Mayo de 2012 13:00
Xoán Ramón Carballo, 1º á esquerda, patrón do iate ReiraAínda que en Camariñas poda parecer increíble, segue a haber en Galicia institucións náuticas que desenrolan as súas actividades dentro da normalidade e as embarcacións atracadas nos seus pantaláns participan nas distintas competicións deportivas e, se é o caso, arrasan nelas. Esto último foi o que lle aconteceu ao noso querido colaborador e actual Presidente do Club Líceo Marítimo de Bouzas Xoán Ramón Carballo Alvite que patroneando o seu iate Reira ven de gañar a VII Regata Aister de Solitarios e a Dous, celebrada recentemente en dous fins de semana consecutivos na Ría de Vigo. Trátase dunha proba moi técnica, puntuable para o circuito galego, organizada polo Líceo Marítimo de Bouzas e que conta ca colaboración de entidades do calibre de Aister, Novagalicia Banco, o Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra ou Helvetia seguros.
Por favor, registrate para calificar.
 
Inauguración Campo Municipal da Grixa
Deportes na Ponte do Porto
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Sábado, 07 de Abril de 2012 18:15

Foto de familia no flamante campo da Grixa recén estrenado

Xoves Santo festivo no entorno de A Grixa, na Ponte do Porto. Dende as primeiras horas da sobremesa unha fila interminable de veciños emprenden a ruta do monte. As beiras dos camiños que circundan o novo Cemiterio Municipal non dan abasto a acoller coches estacionados de todas as formas e escorzos posibles. Dende lonxe, baixo a sombra de poderosos eucaliptos, os sons das gaitas galegas dan a benvida a un visitante abraiado pola envergadura da obra acometida. Un arrecendo de pura historia futbolística que se apodera da alma. Uns graderíos completamente ateigados, un lateral do campo que non permite asomar unha soa nova face cara o terreo de xogo, dotan a  escea dun inconfundible aire festivo. Rapaces novos e non tan novos pese ao temperán da hora circulan frenéticamente dun lado a outro acompañados de refrixerios cubateriles. Unha cantina que non da abasto e que recaudará ao final do día máis de 600 euros destinados a financiar as arcas dun dos dez clubs fundadores da Liga da Costa. E un rival digno da efeméride histórica, o Cerceda dun Juanillo incansable en axudar na medida das súas multiplicadas posibilidades e que finalmente venceu por 0 a 7.
Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 70

Ponte do Porto

Festas na PonteProcesion de San Pedro na Ponte do Porto 2010

article thumbnail

Os veciños da Ponte do Porto celebraron un ano máis unha concurrida Procesión de San Pedro He aquí unha noticia que seguramente vai encher de ledicia, pero tamén de morriñ [ ... ]


Sociedade na PonteComellada Cabalar no Pincho

article thumbnail

Con todo este tema da Peña Cabalar parecía como que o Pub O Pincho olvidara un pouco os seus oríxenes, que co rebumbio encomiable e digno de eloxio da súa paixón polos cabalos quedaran no pasad [ ... ]


Curiosidades na PonteRuta Cabalar ata Quintáns

article thumbnail

Da man da Peña Cabalar radicada na Ponte do Porto aquí en camarinas.eu xa cubrimos algunhas das rutas máis fermosas da Costa da Morte. Así, alomos das briosas monturas dos cabaleiros porteños a [ ... ]


Curiosidades na PonteJose Martinez Ferrio, Chef experto

article thumbnail

O porteño José Martínez Ferrío, gran amigo, seguidor de camarinas.eu e chef experto Pois aquí están os resultados do Curso de Cociña para Homes organizado polo Concello en Aldea Madeira  [ ... ]


Outros artigos da Ponte do Porto