Se a semana pasada o Club Náutico de Camariñas celebraba unha cena homenaxe en honor ás paxinas webs de Camariñas, por certo, noticia que non foi cuberta por ningún medio de comunicación escrito, radiofónico ou cibernético a excepción obviamente das dúas webs citadas, nesta ocasión a cena homenaxe si que estaba ben cuberta e é que a ocasión non era para menos: o C.N.C. homenaxeaba á deputada autonómica Marisol Soneira, amiga e usuaria de camarinas.eu, e ao avogado muxián Manuel Martín, Presidente do Club Náutico da Vila da Barca.

A cena homenaxe comezou pasadas as 10 da noite e como ben sendo habitual neste tipo de cenas, o director de camarinas.eu Diego Alonso Freire, fíxose esperar chegando como o último da fila. O número de asistentes á cea non chegou ás 50 persoas e é que tralo visto na cena da semana pasada en honor ás páxinas web, non sabemos que pasa en Camariñas pero parece que á xente collío medo á nova báscula da lonxa e dóuselle por non ir a cenar. Pois temos un problema porque en camarinas.eu estamos pensando en celebrar a principios ou a mediados de agosto unha cena masiva que sirva para financiar a páxina e acabar por un tempo cos crónicos problemas económicos da web máis vista da Costa da Morte, que está a tiro de pedra do millón de entradas en menos dun ano, dado que por muitos cantos de serea que entonemos os empresarios locais teñen os oídos ben tapados.

Centrándonos xa na cea homenaxe deste sábado 12 de xullo, a mesma tiña lugar, en palabras do Presidente do C.N.C. Xosé Luís Blanco Campaña, para agradecer a Marisol Soneira Tajes o moito que esta antiga concelleira do noso concello e agora deputada autonómica en Santiago, fixo para que o noso Club Náutico sexa un dos máis importantes das Rías Altas e Rei absoluto da Costa da Morte. Acompañaba a Marisol Soneira o Alcalde de Camariñas Pichurri que dou un breve discurso ensalzando a labor da deputada do barrio camariñán de Buría. Pero aproveitando a ocasión tamén foi homenaxeado Manuel Martín, Presidente do recente Club Náutico de Muxía, o cal segue a estela aberta no seu día polo C.N.C. contribuíndo esta homenaxe a potenciar os lazos de unión e amizade entre dúas vilas veciñas e irmáns e facendo que aquela vella rivalidade mal entendida entre Camariñas e Muxía sólo sexan hoxe historias recordadas por xente de 50 anos para arriba.  En fin. que siga así.

Comentarios   

jose de marta
+4 # RE: Marisol Soneira recibe a homenaxe do Club Nautico de Camarinasjose de marta 13/07/2008 19:39
Un homenaxe muy bo para unha persona como Marisol que o merese ben.Enhorabuena Marisol.
Denunciar ante o administrador
MTCC
+4 # noraboa!!!MTCC 13/07/2008 20:23
si señor unha persoa como Marisol merecese esto e moitos mas!!!noraboa Marisol!!!
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+4 # festarubiasexy 14/07/2008 10:56
estades muijuapos to@s bueni
o eu non fun por que tuben bisita vale pero estades juapos rubiasexy
Denunciar ante o administrador
mantida
+2 # RE: Marisol Soneira recibe a homenaxe do Club Nautico de Camarinasmantida 14/07/2008 23:02
tendes que perdonar os dos homenajes pero este mes de julio e imposible con tantas festas.
Denunciar ante o administrador
mantida
+2 # RE: Marisol Soneira recibe a homenaxe do Club Nautico de Camarinasmantida 14/07/2008 23:02
Billy, tes unha filla juapísima.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.