O PSOE celebra a súa festa anual na praia do Ariño

O escenario dende o que se  impartiron os discursos dos socialistas camariñáns
O escenario dende o que se impartiron os discursos dos socialistas camariñáns

Este sábado 12 de xuño, tal e como ven sendo habitual nestes últimos anos, a Agrupación do PSOE de Camariñas celebrou a súa festa anual no merendeiro da praia do Ariño en Xaviña, se ben hai que sinalar que a edición de este ano ven marcada pola escasa afluencia de simpatizantes e militantes, sobre todo se a comparamos co encontro que tivo lugar en xullo do ano pasado e que tivo como visitante de excepción ao Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño, amén de outros importantes mandatarios como a Presidenta do Parlamento Dolores Villarino ou o Alcalde de Muxía Félix Porto. Pulsa na foto para ver unhas imaxes do acto.

Menos afluencia da esperada na festa dos socialistas de Camariñas

Este ano o principal visitante dentro das filas socialistas foi o Conselleiro de Administracións Públicas Méndez Romeu, o cal poido desfrutar dunha comida tipicamente popular composta por churrasco, patacas fritas e viño de barril. No fermoso paraxe do Ariño congregáronse un número aproximado aos 100 (¿?) socialistas donde tiveron lugar os discursos de rigor, destacando o do alcalde de Camariñas Pichurri o cal recordou a victoria nas eleccións xerais do PSOE de marzo de 2008. A comida discorreu nun clima de compañerismo e sobre as seis da tarde levantouse o campamento deixando todo nun estado limpo e impoluto e é que non era para menos: a nosa querida Moniquiña viña a ocupar o lugar coa súa lexión de amigos e amigas para celebrar o seu vixésimo (e ben cremoso) cumpreanos.

{multithumbs}

Image   Image  Image

Image   Image  Image

Image   Image  Image

Image   Image  Image

    

Comentarios   

MTCC
+2 # psoeeeeeeeeeeee eeeeeee!!!!!!!! !!!!!!!!!!MTCC 13/07/2008 20:19
hola,bueno pos eu qro decir q fun a comida, e estubose moi ben!!!todo mooi bo e a xante moi ajradable,como non!!!!darye o meu apoyo a pichurri q esperemos q nas proximas eleccions seamos outravez os ganadores!!!un saudo,,vivan os SOCIALISTAS!!!! !
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar