O pleno do Concello de Camariñas aprobou hoxe o novo réxime de dedicacións dos concelleiros e a redistribución das diferentes concellerías. Fíxoo cos votos a favor do goberno local e a abstención do PP, xa que a concelleira do BNG non estaba presente. Na súa proposta, que foi ratificada en sesión plenaria, o goberno local aposta claramente polo aforro económico e suprimirá a dedicación parcial que lle corresponde e coa que contaba anteriormente. Así, soamente desempeñaranse en réxime de dedicación exclusiva a alcaldesa, Sandra Insua, e outros dous concelleiros.

Anteriormente, ademais da dedicación exclusiva de Alcaldía, desempeñábanse con dedicación exclusiva a concellería de Educación, Cultura, Emprego e Medio Ambiente; e a de Igualdade, Servizos Sociais e Promoción do Encaixe; quedando con dedicación parcial a concellería de Urbanismo, Obras e Servizos Públicos e sen retribución Turismo e Comercio e Deporte e Saúde.

O novo réxime de dedicacións e a redistribución das concellerías aprobouse este pasado 28 de setembro en sesión plenaria.

Con esta proposta reestrutúranse tamén as áreas: Alcaldía asume Igualdade e Servizos Sociais e créanse as concellerías con dedicación exclusiva de Educación, Cultura e Encaixe e Urbanismo, Emprego e Medio Ambiente e Emprego, manténdose sen retribución Turismo e Comercio e Deporte e Saúde.

Nos próximos días será a alcaldesa, Sandra Insua, a encargada de designar aos responsables de cada área.

Normalizar a situación do exalcalde Pichurri


Desde o goberno local lamentan a obsesión do Partido Popular con ‘ Pichurri’, emitindo un comunicado no que denunciaban a súa participación na visita que o presidente da Deputación da Coruña levou a cabo no día de onte a Camariñas.

O grupo de goberno quere deixar claro que ‘ Pichurri’ segue sendo un cidadán máis do Concello que pode visitar á súa alcaldesa como calquera outro veciño de Camariñas.

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar