Si ben é certo que o Estado non ten moitas competencias nas infraestruturas do noso concello, maioritariamente competencia da Xunta de Galicia, hai algunhas que son moi atractivas dende o punto de vista político.Un bo exemplo é o paralizado paseo marítimo que deberá completar o desenvolvemento urbanístico da fachada marítima de Camariñas, dende o casco urbano ate a praia de Lingunde nun todo continuo. Esta obra figuraba nos plans do Goberno Zapatero como prioritaria xa que dispoñía de tódolos elementos para que fose unha realidade: proxecto técnico, informe de impacto ambiental, adquisición de terreos e posta a disposición do ministerio, informe favorable de Costas do Estado, etc.

Dende a chegada de Pedro Sánchez á presidencia do goberno o estado o grupo de goberno do concello estuda presentar ao goberno central varias obras urxentes para Camariñas

A chegada de Mariano Rajoy á Moncloa trouxo como consecuencia a posta no conxelador do tan necesario proxecto para rematar o paseo marítimo que unirá a praia de Cedeira coa punta da Carnicería. Seguramente aconsellado polo Partido Popular de Camariñas que, como sabemos, acostuma a dirixirse ás administracións para demandarlles que non invistan en Camariñas. Xa o fixeron coa Deputación Provincial polo que non resultaría raro que o fixeran co goberno do Estado.

Hoxe a situación é radicalmente distinta e, polo que nos chega á redacción de camarinas.eu, o alcalde está facendo as xestións oportunas para tentar que Costas do Estado volva a situar o paseo marítimo de Camariñas no lote de obras prioritarias deste departamento. Se o consigue estará mais que xustificada esta lexislatura tan convulsa. 

Se, a maiores, o presidente da Xunta de Galicia seca as bagullas e pensa en Galicia -Camariñas tamén é Galicia- retomará o proxecto que complete a fachada marítima entre o Consorriño e a Punta da Carnicería e abordará o peche do porto cun contradique que o abrigue do nordés. Si o fai, ata os camariñáns nos sentiremos emocionados.

Agardemos acontecementos pero a Camariñas sempre lle foi moi ben con gobernos do PSOE, tanto en Madrid como en Santiago. E Pichurri sempre soubo poñer nas prioridades dos mesmos a Camariñas.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar