Hai xogadores de recheo, expulsados hai tempo de toda liga medianamente decente, que non valen nin para gañar no campo nin para gañar nos despachos. Ese pode ser o resumen da historia da agrupación do PP de Camariñas: no campo, esto é nas urnas, non gañaron nin unha sola vez en corenta anos de impecable democracia española. Como consecuencia do anterior, acúdese a intentar gañar os partidos nos despachos e entón ahí o sopapo xudicial é inevitable. Habería por unha vez que facer un reconto das decenas de sentencias, autos, providencias, etc... nas que o Partido Popular camariñán fixo o ridículo nos últimos anos. Desta volta, un eterno retorno, un clásico das desventuras populares, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou as pretensións un tanto precipitadas, ridículas, antidemocráticas do PP de desaloxar pola bravas a Pichurri da Alcaldía. Vendo tanta incompetencia, un non pode evitar preguntarse: ¿e non estará detrás de tanta inoperancia o prestixioso bufete de abogados do Río do Prado? ¿o inigualable cráneo xurídico que agora comanda dende as sombras con tanto éxito e acerto o Club Náutico? En fin, no interior da noticia reproducimos a nota de prensa enviada dende a agrupación municipal do PSOE. A do PP, esperamos por ela. Máis que nada para que nos comenten este enorme e novo éxito xudicial.

Nota de prensa do grupo de goberno do PSOE de Camariñas


A Sección 1 do Tribunal Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de ditar sentencia na que desestima o recurso de apelación presentado polo Partido Popular de Camariñas á sentencia que no seu día fallou, no tribunal de instancia, a favor de tres resolucións do alcalde de Camariñas denegando un pleno extraordinario solicitado polos populares.

O Superior ratifica a primeira sentencia e desestima tódolos argumentos presentados por Mauricio Aufiero e os seus compañeiros de formación, dando por boas as resolucións do alcalde, negando que houbese vulneración dos seus dereitos como concelleiros, e condenándoos ao pago das costas.

O Tribunal Superior de Xustiza utiliza xurisprudencia do Tribunal Constitucional para desmontar, unha por unha, todas e cada unha das argumentacións utilizadas polos populares camariñáns, aumentando incluso as costas con respecto á sentencia anterior de primeira instancia. Contra esta sentencia teñen os populares a posibilidade de presentar recurso diante do Tribunal Supremo.

Os tribunais tumban o recurso de apelación do PP de Camariñas contra o goberno local do PSdeG-PSOE

Dende o Grupo Municipal Socialista amosan a súa satisfacción pola sentencia e lamentan a deriva xudializadora emprendida polo Partido Popular de Camariñas, coa cobertura e aquiescencia da dirección provincial, que tenta por este medio acadar o que os cidadáns lle teñen dito ao longo de toda historia democrática: que así non.

Tanto o alcalde como o resto do Grupo Municipal Socialista consideran que os tribunais, unha e outra vez, estanlle dando a razón e fan un chamamento a Mauricio Aufiero a que se apee dese xeito de facer política filibustera e rastreira e emprenda o camiño de traballar en positivo por Camariñas e polas súas xentes.

NOTA: Procedemos a publicar a nota de prensa que nos envían dende o grupo de goberno do PSOE no Concello de Camariñas. Esta redacción poñe a disposición de TODOS OS PARTIDOS POLÍTICOS do concello este formulario de contacto para que nos envíen as súas notas de prensa que serán publicadas na única web independente de información xeral de Camariñas. Se non se publican nesta web é porque dende estes partidos non nolas mandan despreciando deste xeito tan lamentable a todos os usuarios e lectores de Camarinas.eu que veñen sendo a maioría dos veciños do concello. Sen dúbida unha gran estratexia de comunicación. Así lles vai.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar