O pasado domingo La Voz de Galicia publicaba unhas declaracións, suponse que do cabeza de cartel do PP de Camariñas, onde dicía “El PP de Camariñas ha manifestado su oposición a una sentencia del Contencioso Administrativo...”. Referíase, por suposto, á sentencia na que o Xulgado número tres do Contencioso Administrativo daba a razón a Pichurri na última denuncia do PP sobre a convocatoria dun Pleno onde pretendía dar conta da situación xudicial do alcalde. 

Sorprendentes declaracións de responsables políticos que militan na principal formación política de Galicia e de España pero que non levanta cabeza en Camariñas. Será, quizá, por declaracións como estas.

O estado de dereito é o fundamento da democracia. Se non hai respecto ás normas que, democrática e lexitimamente, todos temos acordado estámonos situando fora do sistema. Con declaracións coma estas o Sr. Aufiero e os seus acólitos, ponse a altura dos independentistas cataláns que defenden unha xusticia a medida dos seus paranoicos intereses exclusivos. Un salto cualitativo importante xa que isto supón que o PP de Camariñas abandona o campo institucional para pasarse ás barricadas onde militan grupos antisistema e radicais.

A imaxe de portada non pode ser máis esclarecedora: o PP de Camariñas abandona cada sesión plenaria ao seu inicio pero sigue cobrando das arcas municipais eses plenos.

O Partido Popular de Camariñas, con Mauricio Aufiero ao fronte e a Negra Sombra manexando os fíos agochado entre bambalinas, persisten no erro. Primeiro recorren a xudializar a política hasta extremos absurdos e logo, se os tribunais non lle dan a razón, néganse a recoñecela. ¿Cal será o seguinte paso? ¿Declararse en rebeldía contra todos e contra todo? Incluso revelarse contra o seu propio partido, antepoñendo intereses persoais ante os públicos, ameazando con crear un partido independente como aconteceu hai uns meses?

O máis lamentable de todo isto non é a irresponsable actitude de quen sólo acepta as regras de xogo se o benefician, se non a imaxe que, un día si e outro tamén, trasladan de Camariñas aos medios de comunicación (a todos menos a este, único medio de Camariñas). Parecerá que aquí vivimos nunha especie de OK Corral permanente cando o único que acontece é que hai irresponsables políticos que, carecendo da confianza dos cidadáns para gobernar, acoden a xustiza para entrar pola porta de atrás no goberno municipal e, cando a xusticia tampouco lle da a razón, néganse a aceptala. Maduro é un lixo comparado con este xeito de proceder.

oposicion-sentencia-pp-camarinas.jpg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.