O xulgado contencioso administrativo nº 3 da Coruña acaba de desestimar o recurso contencioso-administrativo interposto polo Partido Popular de Camariñas contra tres resolucións asinadas polo alcalde de Camariñas, unha delas a convocatoria dun pleno extraordinario para dar conta da sentencia xudicial que o afecta. O fallo do xulgado, literalmente, di así:

“Desestimo el recurso contencioso-administrativo interpuesto por la representante procesal de don Mauricio Aufiero Vigo, doña Carmen Suárez Fuentes, doña Yolanda Fernández Pájaro, doña Estrella Antelo Martínez y don Carlos Mouzo Méndez, por el procedimiento especial para la protección de los derechos fundamentales de la persona, frente a tres resoluciones del alcalde del Ayuntamiento de Camariñas de 28.06.17, una sobre denegación de su solicitud de convocatoria de un pleno extraordinario, otra sobre declaración de incompatibilidad por inelegibilidad sobrevenida, con eficacia demorada hasta que transcurra el plazo de interposición del recurso especial para la protección de los derechos fundamentales, y la otra sobre convocatoria de una sesión plenaria extraordinaria para el día 03.06.17, al objeto de ratificar la anterior resolución. Le impongo a la parte actora el pago de las costas causadas a la adversa, hasta un máximo de 700,00 euros”.

En toda a sentencia, o xuíz refírese ao máximo edil do concello de Camariñas como ALCALDE, nunca como “ocupa”, “ilexítimo” e outras lindezas con que o Partido Popular camariñán obsequia cada día á persoa que concitou a máxima confianza dos cidadáns deste municipio. Por certo, tamén a denuncia do PP fai referencia sempre ao ALCALDE. Será porque o recoñecen coma tal aínda que para fora digan outra cousa.

INASEQUIBLES AO DESALENTO, O PARTIDO POPULAR DE CAMARIÑAS PERSISTE NO ERRO

Sigue o PP de Camariñas, e o seu voceiro, empecinados no erro que os ten condenados a ser oposición dende sempre. A súa inconsistencia e falta de talento políticos fan que os populares de Camariñas, en lugar de dar resposta aos centos de camariñáns que depositaron a confianza neles, se teñan convertido nunha trituradora de líderes e de candidaturas. Guiados pola man mestra de persoeiros que solo se moven polas xenreiras persoais, moitas veces agochados na trastenda da sala de máquinas desta estratexia suicida, trucan e retrucan contra toda razón política e, polo que se ve, tamén xurídica.

E teñen sorte os populares porque os socialistas, eles saberán porqué, están sendo extremadamente discretos con este asunto. Nin un solo comunicado ten emitido a Executiva Local Socialista contra este xeito de proceder dos populares e en defensa do seu compañeiro Pichurri. Quizá porque saben que, con este PP, teñen goberno municipal para moitos mandatos máis e prefiren darlle corda para que eles mesmos se aforquen politicamente.

Xa o temos dito en varias ocasións. Este modesto medio de comunicación solo se fai eco do que acontece e, faltaría mais, opina dende a absoluta liberdade que lle da non depender economicamente de ninguén mais que de si mesmo. Por iso témonos preguntado moitas veces si Mauricio Aufiero sabe a onde vai politicamente. Si non o sabe é mellor que o deixe, e si o sabe, e a pesares diso persiste no erro, que mire cara atrás e vexa onde quedaron os seus predecesores. Por certo, todos eles seguindo a mesma estratexia que ditaban, entre bastidores, os mesmos que o están levando a él a coller o estandarte da Santa Compaña en que se teñen convertido os líderes locais do PP camariñán.

Esta sentencia é especialmente sangrante para eles porque, para mais INRI, téñenlle que pagar a minuta do avogado do alcalde. Sen comentarios.

DESCARGA A SENTENCIA COMPLETA

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.