Preto de medio millar de persoas manifestáronse en apoio ao Alcalde Pichurri
No mundo do fútbol hai un dito: "Gañar nos despachos o que non se gañou no terreo de xogo". Por outro lado está a Xustiza, que vive os seus momentos máis baixos despois de 40 anos de democracia, arrastrando o vuelo das togas polo polvo do camiño, e onde tanto che sae un xuiz chalado de Podemos como che xuzga outro vendido a calqueira das diversas ganaderías políticas. Xuices a soldo da man que lles da de comer. Cando ambas realidades se poñen en contacto por mor deses supervivintes sen escrúpulos, esa rama que vive de parasitar sociedades non lucrativas sempre como secretario ou tesoureiro (ay Club Náutico... ¡¡quién te ha visto y quién te ve!!), sociedades que despois de ser convenientemente vaciadas desaparecen na nada máis absoluta, pois entón teñen lugar acontecementos inauditos, que levarán a que todos os presentes poidamos decir nun día futuro aquelo de "he visto cosas que ustedes no creerían". Ante a enésima indefensión, ante un novo atropello, o Grupo de Goberno do PSOE camariñán trata de defenderse do novo golpe provinte de aqueles que, sen oficio nen beneficio, levan xa máis de 20 anos tratando de gañar nos despachos aquelo que non foron quen de gañar no campo. Ese terreo de xogo onde as regras están claras e o pobo é o xuiz.

PD: Procedemos a publicar a nota de prensa que nos envían dende o grupo de goberno do PSOE no Concello de Camariñas. Esta redacción poñe a disposición de TODOS OS PARTIDOS POLÍTICOS do concello este formulario de contacto para que nos envíen as súas notas de prensa que serán publicadas na única web independente de información xeral de Camariñas.

Nota de prensa dende o Grupo de goberno do PSOE de Camariñas

  • O Concello de Camariñas volve topar co Xuíz que paralizou as obras do Tanatorio
  • Un xuíz, a instancias do PP, paraliza cautelarmente a celebración do pleno en Camariñas que ía decidir a renuncia do alcalde
  • O mesmo xuíz que paralizou as obras do tanatorio impide que se celebre o pleno en Camariñas

O titular do xulgado no 3 do Contencioso/Administrativo da Coruña, Juan Carlos Fernandez, ven de ordenar a suspensión do pleno que ía celebrarse esta tarde no Concello de Camariñas. Na sesión, convocada polo rexedor Manuel Valeriano Alonso, íanse clarexar os extremos da sentenza que condena o alcalde a inhabilitación administrativa.

En concreto, o pleno ía determinar a “declaración de incompatibilidade do rexedor por inelixibilidade sobrevida” e a outorgar a este un prazo de 10 días hábiles para presentar recurso diante do Tribunal Constitucional. A acción do xuíz Juan Carlos Fernández López, que suspende provisionalmente a execución do acordo plenario e a celebración deste pleno, ven de colocar nun impas lexislativo sen precedentes a Camariñas.

Os populares, que son autores únicos do recurso diante da sala do contencioso administrativo, veñen de impedir coa súa acción aquelo que levan semanas solicitando sen atender a ditames xurídicos nin a peticións populares, a saber; perseguir a renuncia de Manuel Alonso coma alcalde de Camariñas.

O Xuíz Fernández López xa actuou en prol do interese do PP camariñán anteriormente, ao suspender cautelarmente as obras do Tanatorio dentro dun proceso que, como quedou finalmente acreditado, respondía unicamente aos intereses electorais de Aufiero e compañía. Como todos sabemos, o Tanatorio finalmente se fixo en lei, a pesar do xuíz e do PP.

O alcalde de Camariñas lamenta profundamente que esta acción in extremis, da que estaban previamente avisados tanto PP coma BNG, que non se molestaron nin en acudir a sesión convocada antes incluso de coñecerse oficialmente da suspensión por parte do xuíz, impida que os acontecementos sigan “pola senda que era mellor para todos, veciños e veciñas, que non merecen estar enmerdados nas intrigas do PP e dos seus compinches”.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.