Un Pichurri contento e ilusionado tras lograr a confección definitiva da lista, diríxise aos militantesFinalmente os socialistas camariñáns ataron os últimos flecos que quedaban pendentes e en sesión celebrada na Casa do Pobo na tarde deste venres 11 de febreiro de 2011 aprobaron a lista electoral que concurrirá ás competidas eleccións municipais do 22 de maio. En principio dúas son as liñas básicas que presidiron a confección da mencionada lista: continuidade e unha forte aposta pola xuventude, tal e como se pode apreciar ca inclusión dunha serie de novos nomes entre os que o destino quixo que se atoparan ata dous redactores de camarinas.eu, Juan Manuel Cabrejo Pasantes (Juanillo) e María Teresa Castro Carril (Maytiña), aos que se une o da representante por Arou, Gemma Pedreira Allo.

A lista aprobouse sen maiores problemas tras unha sesión na que cerca de setenta militantes socialistas do Concello de Camariñas achegáronse cara ás 21:00 pola antiga sede do Bar London. Entre os novos nomes destaca como decíamos o de Juanillo como número tres sustituindo a un histórico dentro do socialismo camariñán como Javier Cabrejo, que por cuestións de saúde abandona a primeira liña da política, pero seguirá apoiando aos seus compañeiros testimonialmente nun dos tres postos suplentes na lista, opción á que tamén se acollío por cuestións laborais o concelleiro de toda a vida por Arou, Germán Camiño. A súa sustituta será a filla do coñecido dono de Pescados Pedreira, Gemma Pedreira Allo. Asemesmo no número oito da lista destaca a inclusión da que sería unha nova concelleira pola Ponte do Porto, Rosana Barbeito Fandiño, como tamén de forte aposta pola xuventude cabe destacar a inclusión dunha rapaza de 21 anos querida e apreciada en Camariñas como é o caso da nosa redactora Maytiña, a cal pecha a lista no número 13 dando desta forma saída a paixón socialista que animou toda a súa vida.

Polo demáis a continuidade na aposta electoral socialista respecto ao equipo que ven dirixindo os destinos do Concello durante os derradeiros catro anos constátase co mantemento nos seus postos do alcalde Pichurri, dos tenentes de alcalde Sandra Insua Rial, Sergio Caamaño Fernández e Mercedes Martín, así como da representante polo Distrito de Buría, María del Carmen Linares Chica, popularmente coñecida como "A Malagueña". Finalmente repite no posto número nove e cunhas opcións máis ben escasas de saír elexido, Jose Luis Rodríguez Tajes, pero ao quite e disposto por si hai que suplir a un dos nomes que o anteceden na lista, tal e como sucedeu na presente lexislatura. Por outra parte, como era de preveer Marcial Mouzo saío derrotado frente a Miñones no seu intento de aspirar á candidatura do PSOE en Vimianzo.

En fin querido accionariado de camarinas.eu, aquí que ninguén se asuste que nas vindeiras eleccións municipais seguiremos igual de neutrais, obxectivos e imparciais, independentes nunha palabra, que sempre. Eso sí procedemos a publicar a lista definitiva do PSOE camariñán que moi amablemente nos fixeron chegar dende a súa executiva. A do PP pois a meteremos cando a vexamos publicada na prensa autonómica. En todo caso a lista socialista é a que segue:

1 - Manuel V. Alonso de León (Pichurri). Alcalde.
2 - Sandra Insua Rial. Ponte do Porto.
3 - Juan Manuel Cabrejo Pasantes (Juanillo). Camariñas.
4 - Mercedes Martín González. Camelle.
5 - Sergio Caamaño Fernández. Xaviña.
6 - Gemma Pedreira Allo. Arou.
7 - Mª Carmen Linares Chica. Buría.
8 - Rosana Barbeito Fandiño. Dor-Ponte do Porto.
9 - José Luis Rodríguez Tajes. Camariñas.
10 - Juan Carlos Canosa Marcote. Camelle.
11 - Mª Ángeles Santos Cibrán. Xaviña.
12 - Roberto Castro Tajes. Brañas Verdes.
13 - Mª Teresa Castro Carril (Maite). Camariñas.

1 - María Mouzo Canosa (Maira). Arou.
2 - Javier Cabrejo Triñanes. Camariñas.
3 - Germán Camiño Mouzo. Arou.

 


 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar