×

Erro

Disk full (/var/tmp/#sql_3738_0); waiting for someone to free some space...

A presidencia de Pedro Sánchez pode ter repercusións positivas para Camariñas

Si ben é certo que o Estado non ten moitas competencias nas infraestruturas do noso concello, maioritariamente competencia da Xunta de Galicia, hai algunhas que son moi atractivas dende o punto de vista político.Un bo exemplo é o paralizado paseo marítimo que deberá completar o desenvolvemento urbanístico da fachada marítima de Camariñas, dende o casco urbano ate a praia de Lingunde nun todo continuo. Esta obra figuraba nos plans do Goberno Zapatero como prioritaria xa que dispoñía de tódolos elementos para que fose unha realidade: proxecto técnico, informe de impacto ambiental, adquisición de terreos e posta a disposición do ministerio,...

Unha banda

Fai uns días un persoeiro especialista en propoñer a testaferros ao fronte dalgunha entidade, cívica ou política, parece ser que se achegou polo concello coma se fose Napoleón e pediu ver a unha alta funcionaria. Presentouse como “o asesor xurídico do PP de Camariñas e o home que denunciou ao alcalde”. Esta información fíxonola chegar unha persoa que di habela escoitado polos aledaños do Club Náutico, onde o suxeito en cuestión reina a través dun mandado. ...

Novo ridículo xudicial do PP de Camariñas

Hai xogadores de recheo, expulsados hai tempo de toda liga medianamente decente, que non valen nin para gañar no campo nin para gañar nos despachos. Ese pode ser o resumen da historia da agrupación do PP de Camariñas: no campo, esto é nas urnas, non gañaron nin unha sola vez en corenta anos de impecable democracia española. Como consecuencia do anterior, acúdese a intentar gañar os partidos nos despachos e entón ahí o sopapo xudicial é inevitable. Habería por unha vez que facer un reconto das decenas de sentencias, autos, providencias, etc... nas que o Partido Popular camariñán fixo o...

Nova comisión executiva municipal do PSdeG-PSOE de Camariñas

Camarinas.eu recibía esta semana unha nota de prensa dende a Casa do Pobo de Camariñas, sede do PSOE na vila das palilleiras, na que se nos daba conta da nova executiva que terá que afrontar as próximas eleccións municipais para revalidar a alcaldía no Concello de Camariñas. Nesta misiva era Encarna Liñeiro, secretaria dos socialistas camariñáns a que nos comunicaba os nomes de todos e cada un dos integrantes deste equipo de traballo no cal podemos destacar a inclusión da figura do Presidente que recae na persona dun entrañable militante histórico como é señor Chuco de Xaviña que forma parte...

O PP de Camariñas ponse á altura dos grupos antisistema

O pasado domingo La Voz de Galicia publicaba unhas declaracións, suponse que do cabeza de cartel do PP de Camariñas, onde dicía “El PP de Camariñas ha manifestado su oposición a una sentencia del Contencioso Administrativo...”. Referíase, por suposto, á sentencia na que o Xulgado número tres do Contencioso Administrativo daba a razón a Pichurri na última denuncia do PP sobre a convocatoria dun Pleno onde pretendía dar conta da situación xudicial do alcalde.  ...