Inicio arrow Política
Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Usuarios en Liña

Eche ben raro oh! non hai usuarios en liña
Guests: 2

Login!!

Quen está no chat?

    Estadísticas

    Visitantes: 8818025
    Política
    Charla do Alcalde cos veciños de Camariñas
    (48 votos)
    Politica en Camarinas

    O Retorno das charlas co Alcalde

    Momento no que Pichurri fala ca cerca de cincuentena de veciños que se acercaron pola Casa de Pedra
    Momento no que Pichurri fala ca cerca de cincuentena de veciños que se acercaron pola Casa de Pedra

    ¿Cal é a diferencia entre unha charla do alcalde cos veciños e un mitin? Aquí en camarinas.eu non temos nin a máis mínima idea sobre tan crucial cuestión e por elo ahí a deixamos para que o noso fiel e intelexente electorado se pronuncie. O caso é que como mediante email dirixido á dirección de camarinas.eu fomos avisados da charla que ía ter lugar as 17:00 deste sábado 6 de marzo na Casa de Pedra, alí nos presentamos para tomar nota do que se falara. O día que outros teñan o detalle de facernos saber por unha vez os seus actos programados ou a visita ao concello de importantes gerifaltes políticos do seu partido alí estaremos.

    E Pichurri tomou a palabra e falou... Falou de que cerca do 70 % das alegacións que se presentaron ao Plan Xeral de Ordenación Municipal serán recollidas na modificación do PXOM e que antes de fin de ano se vai a aprobar provisionalmente. Falou das obras que se están facendo en todo o concello. Falou da basura, de que temos que concienciarnos en reciclar o máximo posible e reciclar ben, si non veñen as multas de SOGAMA e finalmente falou  como punto estrella da tarde acerca dun proyecto para arranxar a Calle do Castillo por 500.000 euros.

     
    Reunions Vecinais co Alcalde de Camarinas
    (49 votos)
    Politica en Camarinas

    Imaxe dun daqueles encontros que Pichurri realizaba cos veciños do Concello no seu primeiro ano de mandato
    Imaxe dun daqueles encontros que Pichurri realizaba cos veciños do Concello no seu primeiro ano de mandato

    Agora que estamos a piques de comenzar a conta atrás de un ano para a que se aveciña como "La Madre de Todas las Batallas", que diría o finado de Saddam Hussein, pero en términos electorales se entende, é decir, a conta atrás para as Eleccións Municipais do ano 2011, comenza o redoble dos tambores electorales. Un redoble que empezará paseniño polo de agora para, mediante un in crescendo paulatino e incesante, acadar alá polo mes de maio do ano vindeiro niveis atronadores semellantes aos dunha bomba atómica de seis kilotones. Por elo, por aquelo de non ser pillados desprevenidos, os diversos partidos afinan actos e estratexias nunha batalla onde se peleará o último voto ata extremos agónicos. En  fin, querido electorado de camarinas.eu, non sabemos si vinculado ou non con toda a estruendosa carga sónica e rítmica que se avizora no horizonte, remítennos dende o Concello unha nota de prensa sobre unhas charlas do Alcalde cos veciños do Concello que xa levaban un tempo paradas. 

     
    Cena anual do PSOE de Camariñas
    (47 votos)
    Politica en Camarinas

    As catro parroquias do Concello representadas nesta entrañable foto de familia do PSOE camariñán
    As catro parroquias do Concello representadas nesta entrañable foto de familia do PSOE camariñán

    ¡Quen fora político nestes días!

    Organizar unha cea, querido electorado de camarinas.eu, non é unha tarefa que sexa sinxela: hai que preocuparse por buscar o local, encargar a cea, elexir os pratos, entregarse en corpo e alma a carrexar o maior número de persoas posible, encargarse de cobrarlles a todos a entrada (tarefa nada fácil), buscar a persoas idónea que amenice o evento e entreteña ao público, facer rifas, etc... todo o cal requiere que os seus organizadores teñan ante todo tempo libre e unha certa predisposición. Esto leva a que se frustren algunhas ceas masivas que sen moita previsión por parte dos seus promotores son anunciadas a bombo e platillo nos medios de comunicación. Este, felizmente, non foi o caso da cea celebrada polo PSOE camariñán no Restaurante Catro Ventos este sábado 12 de decembro de 2009 e que congregou a preto de 90 afiliados provintes dos catro puntos cardinais do Concello. Aquí en camarinas.eu non sabemos o que pasa pero parece que últimamente non facemos máis que publicar festas dos partidos políticos. ¡¡Ay, queridos usuarios, pero que ben se cuidan os nosos políticos!!

     
    Pleno Ordinario Novembro 2009
    (67 votos)
    Politica en Camarinas

    Un Pleno combativo e animado

    Os sucesivos combates dialécticos entre Pichurri e Daniel animaron o último pleno ordinario do 2009
    Os sucesivos combates dialécticos entre Pichurri e Daniel animaron o último pleno ordinario do 2009

    O último Pleno ordinario do ano no Concello de Camariñas parecía que ía correr a mesma sorte do anterior, tranquilo e insustancial según ían caendo os puntos incluidos na orde do día, cando chegado o turno das mocións o ambiente caldeouse ata niveis volcánicos dando lugar a un pleno moi animado e de ritmo trepidante onde as sucesivas réplicas e contrarréplicas, sobre todo a conta do destino da 3ª Fase do Paseo Marítimo camariñán, mostraron a cara máis combativa dos dous primeiros espadas municipais facendo que as dúas horas e cuarto de duración do Pleno discurriran de forma máis amena do que normalmente suele acontecer. Pulsa na portada para ler a crónica do que aconteceu o 27/11/2009 na Casa do Concello e ver unha pequena galería fotográfica.

     
    Irmanamento Concello de Camarinas - Commune de Offida
    (78 votos)
    Politica en Camarinas

    O irmán latino de Camariñas

    Camariñas e Offida dous concellos moi lonxanos e dispares pero unidos pola beleza do encaixe de bolillos
    Camariñas e Offida dous concellos moi lonxanos e dispares pero unidos pola beleza do encaixe de bolillos

    En principio cando se observan as impresionantes imaxes dos seus monumentos históricos, do seu casco antigo, dos seus carnavais ou da súa igrexa románico-gótica do século XIV, un redactor pregúntase seriamente si estas boas xentes do municipio italiano de Offida non estarán engañadas ao intentar irmanarse con Camariñas. Callexuelas de pedra, unha fortaleza centenaria a proba de terremotos, xardíns que colgan sobre a colina... frente a un casco urbán como o camariñán (feísmo arquitectónico en estado puro) tras décadas de urbanismo destartalado e salvaxe. Pero despois un entérase que este concello de pouco máis de 5.000 habitantes ubicado no centro de Italia, provincia de Ascoli Piceno, posúe ademáis unha das tradicións de encaixe de bolillos (o así chamado merletto) máis fermosa e antiga da Península Itálica. Pulsa na imaxe para coñecer a historia do posible irmanamento entre dous concellos unidos pola beleza do encaixe.

     
    Inauguracion da Sede do PSOE de Camarinas
    (103 votos)
    Politica en Camarinas

    O noso querido usuario Mikel non quixo perder a ocasión de coñecer persoalmente a Pachi Vázquez
    O noso querido usuario Mikel non quixo perder a ocasión de coñecer persoalmente a Pachi Vázquez

    A dirección de camarinas.eu pudo asistir este venres 23 de outubro ao retorno do PSOE camariñán á súa auténtica sede histórica: o local no que anteriomente estivo ubicado o Bar London e que durante tantos anos cumprira a función de Casa do Pobo. Un acto de reinauguración no que se congregaron un importante número de dirixentes do socialismo da Costa da Morte encabezados por Pachi Vázquez, o Secretario Xeral deste partido en Galicia. Abríu o acto a eso das 9 da noite Encarna Liñeiro como secretaria dos socialistas camariñáns que recordou varios puntos que fixeron grande ao PSOE no noso concello.

    Despois fui o turno do Alcalde de Camariñas "Pichurri", seguido da Deputada Autonómica Marisol Soneira Tajes e como colofón a este acto tomou a palabra o candidato á Presidencia da Xunta polo PSOE Pachi Vázquez quen fixo especial énfasis nalgúns temas que estiveron de actualidade na Costa da Morte como o desdichado helicóptero de salvamento de Cee ou unha autovía de Baio a Berdoias que nas súas palabras corre un perigo de morte ca nova Xunta presidida por Alberto Núñez Feijoó.  Un acto no que se congregaron ao redor dun centenar de persoas e no que deslumbrou a beleza exhuberante da nosa querida  usuaria Maytiña á hora de servir os ágapes. En fin, queridos lectores, é o bo que ten ser unha web neutral e independente: publícanse reportaxes de festas de ambos partidos sen problema algún (notas de prensa extraviadas aparte). Pulsa na portada para ver unha galería fotográfica de 75 imaxes.

     
    Pleno Ordinario Setembro 2009
    (46 votos)
    Politica en Camarinas

    Un Pleno tranquilo

    Sandra Insua foi a encargada de presidir un pleno marcado pola ausencia por vacacións de Pichurri
    Sandra Insua foi a encargada de presidir un pleno marcado pola ausencia por vacacións de Pichurri

     A finais de cada mes impar do calendario ten lugar o Pleno Ordinario do Concello de Camariñas, caracterizado por atraer a máis prensa e público do normal e cun turno de rogos e preguntas que pode facer que o ambiente se caldeé ata temperaturas volcánicas. Non foi este o caso do Pleno celebrado este venres 25 de setembro de 2009 e que viña caracterizado pola ausencia dun Pichurri de vacacións polo levante español, pola asunción das funcións de alcalde por parte de Sandra Insua Rial e pola toma de posesión como novo concelleiro do PSOE de José Luis Rodríguez Tajes. Pulsa na imaxe para coñecer os principais puntos tratados e unha pequena galería fotográfica.

     
    Nota de prensa de Mercedes Martin
    (60 votos)
    Politica en Camelle

    A concelleira do PSOE por Camelle Mercedes Martín remite a camarinas.eu unha personalísima nota de prensa
    A concelleira do PSOE por Camelle Mercedes Martín remite a camarinas.eu unha personalísima nota de prensa

    Bueno, ben sabedes que aquí en camarinas.eu non somos moi dados á política e que prudentemente en todo aquel incendiario e polémico tema da Planta da Xandriña nos mantuvemos á marxe, pero sempre procederemos dende a nosa máis estricta neutralidade e obxectvidade a publicar todas aquelas notas de prensa que os partidos políticos camariñáns ou os seus integrantes nos remitan. Desta volta a concelleira socialista por Camelle, Mercedes Martín, envíanos unha incendiaria carta onde carga contra "os camelláns de fin de semana" e afirma que ca decisión da Xunta de Galicia de suprimir a planta acuícola da Xandriña Camelle perderá unha oportunidade histórica. Pulsa na imaxe para ler a nota de prensa remitida por Mercedes Martín.

     
    Primeira Romaria do PP da Costa da Morte
    (123 votos)
    Politica en Camarinas

    O PP reúne máis de 2.000 simpatizantes en Cee

    Ata o mesmísimo Presidente chegou a tremer de emoción ante os encantos da nosa redactora Adriana
    Ata o mesmísimo Presidente chegou a tremer de emoción ante os encantos da nosa redactora Adriana

    Chegaba cun pequeno retraso este domingo 6 de setembro de 2009 ao Monte de San Pedro Mártir, en Cee, o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoó preparado para liderar unha auténtica muchedumbre humana (máis de 2.000 persoas), pero atoparse cara a cara ca beleza absoluta característica das redactoras do xigante cibernético da Costa Atlántica, neste caso Adry, fixo tremer ata os osos a un home acostumado a ter que encarar os máis agrios debates políticos. Esto sucedía nunha 1ª Romaría do PP da Costa da Morte que constituío un auténtico éxito de público e ao que acudío unha nutrida representación de veciños do Concello de Camariñas. Por elo camarinas.eu, unha web independente e obxectiva que non entende de colores políticos, procede a publicar a máis completa e exhaustiva reportaxe posible deste multitudinario evento con 140 impresionantes fotos e 2 vídeos.

     
    Reunion dos deputados autonomicos do PP
    (36 votos)
    Politica en Camarinas

    Un 14 de xullo popular en Camariñas

    Daniel Rego, Manuel Ruiz, Carlos Negreira e Pilar Rojo nun momento da rolda de prensa
    Daniel Rego, Manuel Ruiz, Carlos Negreira e Pilar Rojo nun momento da rolda de prensa

    Un 14 de xullo de 1789 o pobo de París asaltaba a fortaleza da Bastilla e daba comenzo a Revolución Francesa. Un 14 de xullo de 2009 os parlamentarios autonómicos do PP de Galicia desembarcaban nas instalacións do Club Náutico e tiña lugar unha das reunións que periódicamente celebran en distintas poboacións da Comunidade Autónoma. Gracias á chamada dun dos nosos múltiples usuarios poidemos saber da reunión que a partires das 11:00 da mañán tivo lugar no Salón de Actos do CNC e da rolda de prensa posterior que se iniciou pasadas as 12:30. 

    Entre os asistentes estaban Pilar Rojo, Presidenta do Parlamento galego; Manuel Ruiz Rivas, Portavoz Parlamentario do PPdeG; Carlos Negreira, Secretario Provincial do PP coruñés, ou Alberto Blanco, ex-Alcalde popular de Muxía. Todo o cal, á luz do múltiple desembarco de importantes políticos autonómicos e nacionais de PSOE e PP que ven tendo lugar de dous anos a esta parte, parece indicar que o noso Concello convertíose nunha suculenta e trascendental peza do axedrez político galego que devorar. Pulsa na imaxe para ver unha amplia galería fotográfica do evento político que tivo lugar en Camariñas un 14 de xullo de 2009, Día Nacional de Francia.

     
    << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 Seg. > Remate >>

    Resultados 1 - 10 de 64

    Nosos Patrocinadores

    Notas de prensa

    (06/03) Previa Porriño vs. Encaixe-Camariñas

    Nota de prensa que nos envían dende o Club de Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas e na que se nos desgrana polo miúdo o próximo partido que enfrontará as nosa...
    Ler todo ...

    (02/03) Nota para os traballadores da construccion

    O próximo 31 de decembro de 2011 os traballadores e traballadoras do sector da construción para desenvolver o seu traballo deberán estar en posesión da Tarxeta profesio...
    Ler todo ...

    (02/03) Concurso de Baile Tradicional Galego na Ponte do Porto

    O vindeiro 11 de marzo remata o prazo para inscribirse no "II Concurso de Baile Tradicional Galego Feira da Ponte do Porto" ...
    Ler todo ...

    (22/02) Rasoeiro 32 - 19 Encaixe-Camarinas

    Nota de prensa enviada dende a dirección do CB Encaixe-Camariñas na que se nos informa sobre a derrota sofrida polo equipo camariñán este fin de semana polo equipo de O Gro...
    Ler todo ...

    (20/02) Presentacion do equipo de regatas do Club Nautico de Camariñas

     Nota de prensa remitida dende o CNC que nos conta como este sábado as 12:30 presentarase o seu equipo de regatas. ...
    Ler todo ...