Inicio arrow Xaviña - Sta. Mariña arrow Resultado final enquisa museo de Man
Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Usuarios en Liña

Eche ben raro oh! non hai usuarios en liña
Guests: 14

Login!!

Quen está no chat?

    Estadísticas

    Visitantes: 8818037
    Resultado final enquisa museo de Man PDF Imprimir Correo-e
    (20 votos)

    Participa no teu Concello
    Participa no teu Concello

    camarinas.eu naceu ca vontade de convertirse nun cauce democrático para fomentar a participación dos Camariñáns na toma das decisións que lles abranguen directamente. Hoxe mostrámoslles os resultados da nosa primeira enquisa: "Que facer co museo de Man"

    Os resultados mostran que de unha forma amplamente maioritaria, prácticamente un 40% do electorado de camarinas.eu, decántase por impoñer algún tipo de vixilancia, solución que a xuizo desta redacción non solucionaría o problema do mantemento do legado de Man no tempo.

    A opción pola que sempre nos decantamos en camarinas.eu foi a que quedou en segundo lugar: "Meter a un doble do Alemán" opción que con 22 sufraxios acadou o 32,4% dos votos,ao entender que só ca presencia dun artista da mesma categoría cultural de Man se poderá consevar o museo en condicións óptimas. Que se faga un inventario de todo o seu patrimonio para que desta forma as distintas administracións responsables poidan, coa axuda dos citados artistas, proceder ao mantemento e reposición de todas as obras que compoñen un patrimonio artístico único.

    Resultados da enquisa de Man
    Resultados da enquisa de Man
     

    Os resultados da terceira opción non deixan de sorprender. "Deixar que o mar tire con todo" acadou o 16,2% dos sufraxios, 11 votos. Esta opción sempre foi vista con certo cariño por esta redacción, sen dúbida debido a querencia polo humor surrealista que teñen certos redactores do principal diario "on-line" camariñán. Con todo, é evidente que de triunfar esta opción só nos conduciría ao desastre.

    Finalmente, a última opción: "Impedir a entrada no museo" só acadou 8 votos, o cal reflexa o carácter democrático e participativo, permisivo e plural, en definitiva, exemplar que sempre tivo o pobo de Camariñas, pouco amigo de prohibicións e mandatos, enemigo acérrimo das imposicións. O pobo de Camariñas, na súa inmensa sabiduría, non pode, non quere cerrar a ventá que o museo de Man supoñe ao mundo.


     

     

    Comentarios  

     
    # Miguel 01-09-2007 13:14
    Eu creo que a solucion esta en poñerlle un vallado alto para que nadie poda entrar,e sin mais demora,facerse cargo o concello de camariñas e explotalo turisticamente no vran con un par de persoas a cargo e cobrando a minima entrada que cobraba manfred,un euro para mantemento,saud os
    Responder | Responder con una citación | Citar
     
     
    # maximo 29-09-2007 12:56
    si eu creo que miguel ten razon,eso daria resultado
    Responder | Responder con una citación | Citar
     
     
    # ubaldinho 24-10-2007 15:41
    ome, coido que un valado ía quedar un pouco estrano, pero haberá que ver como se pode solucionar o tema dos destrozos.
    penso que logo dun pouco de relevancia os desghrasiaos que andan facendo o mal polo museo deixarán pola conta que lles trae.
    Logo o da \"explotación turística\", ainda que soe feo, ten que ser. e iso dun euriño está fenomeno!
    unha aperta e gran traballo
    Responder | Responder con una citación | Citar
     

    Escribir un comentario


    Código de seguridad
    Refescar

    < Ant.   Seg. >

    InmoCamarinas.eu

    Image

     

    Top Camariñas

    Juan Cabrejo, 32 anos, Futbolista do Cartagena

    Juanillo, o

    Posiblemente o mellor xogador da historia da Costa da Morte