Este sábado un grupo de persoas imos a facer unha andaina dende Berdoias a Baio para reivindicar que a Xunta de Galicia remate dunha vez as obras da autovía da Costa da Morte. Parece un contrasentido que reivindiquemos andando unha vía de comunicación para vehículos, pero a realidade é a que é. Unha autovía para a Costa da Morte non é un capricho se non un instrumento fundamental para o seu desenvolvemento económico e social. Porqué? Poñamos como exemplo o noso concello para ver o cambio substancial que se produce con esta vía de comunicación. Cunha autovía de catro...
Marisol Soneira responde á Plataforma Veciñal de Merexo (imaxe de arquivo)
Marisol Soneira, fiel ao seu compromiso firme con camarinas.eu, responde nesta mesma páxina ás acusacións da Plataforma Veciñal de Merexo. Coma sempre, para os aludidos que queiran responder rogamos envíen un correo electrónico á seguinte dirección: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Finalmente quixéramos recalcar que o traballo que estamos a facer en camarinas.eu non ten recompensa económica coma a teñen os redactores de outros xornais como "La Voz de Galicia", pero iso non quere dicir que o noso traballo sexa menos respetable. Esixindo dito respeto esperamos a resposta a este artigo da deputada autonómica Marisol Soneira Tajes. Carta aberta de Marisol Soneira Estimados...
Pesca caza... ou pesca cultivada? por Marisol Soneira
Queridos amigos de Camariñas.eu, invítame Diego a que faga un artigo sobre a controversia suscitada fai uns días por manifestantes contra os polígonos acuícolas. Acepto a invitación e quero mostrar, publicamente, a miña posición con respecto a este asunto que me parece moi importante para o noso futuro, como especie, e para o futuro do planeta. Permitídeme que, antes de nada, mostre a miña sorpresa pola presencia de manifestantes que, non fai moito tempo, estaban berrando en Touriñán para que se fixera unha macropiscifactoría nun espacio incluído na Rede Natura. Parece un contrasentido que en Touriñán non importase masacrar...
Luis "O Soco" un xenio da informática Camariñán Luis traballa en Suiza pero sempre sabe de Camariñas. Como bo usuario de camarinas.eu Desde Suiza e a petición dun dos redactores de camarinas.eu (Diego) chéganos un video-tutorial de Luis "O Soco" para aprender a rexistrarse sen problemas nesta web. Nada máis recibir a petición de realizar este video, Luís púxose mans á obra e en menos de dúas horas realizou unha clase maxistral de como rexistrarse correctamente en camarinas.eu Luis fíxonos unha demostración máis do que significa camarinas.eu para moitos camariñáns: Un auténtico nexo de unión co seu pobo para...
Unha nova de Camarinas.eu aparece na portada dun dos portais máis importantes de Galicia: Vieiros.com Logo da web vieiros.com, das máis importantes de Galicia Hoxe na portada de Vieiros.com podedes ver a noticia de camarinas.eu sobre a loita que emprenderon en Merexo en contra da ampliación da piscifactoría que quere levar a cabo Prodemar nos seus terreos. Esta nova foi publicada no novo apartado de vieiros chamado open.vieiros.com e despois situada polos votos dos usuarios na portada de Vieiros.com  Detalle da nova de camarinas.eu en vieiros.com   *Para ver a nova PULSA AQUÍ (está situada no medio na web) ...

Subcategorías