Inicio arrow Opinión
Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Usuarios en Liña

Eche ben raro oh! non hai usuarios en liña
Guests: 7

Login!!

Quen está no chat?

    Estadísticas

    Visitantes: 8818027
    Artigos de opinión
    Camarinas.eu 9º Medio de Comunicacion galego en internet
    (59 votos)

    Os mellores días de Camarinas.eu

    A páxina de Camariñas, camarinas.eu vive os mellores días da súa historia cuns números espectaculares
    A páxina de Camariñas, camarinas.eu vive os mellores días da súa historia cuns números espectaculares

    A semellanza de calqueira dos telediarios das cadenas de ámbito nacional, vai unha de autobombo: boing, boing, boing... Este 3 de marzo de 2010 comprobando os datos do medidor global Alexa estes dous humildes siervos do Señor constataron con bágoas nos ollos como unha web humilde dun pobo remoto, sen cáseque ningún medio material e só ca axuda dun puñado de fieis sponsors e dunha lexión de seguidores entusiastas e activos, vive os mellores días da súa historia situándose como 9º medio de comunicación galego por internet e adiantando a versións dixitais de diarios galegos emblemáticos e de potente orzamento como Atlántico Diario, El Ideal Gallego ou Xornal de Galicia. Asemesmo, aumenta a distancia que a separa das restantes webs da Costa da Morte ata alcanzar xa distancias cáseque siderais. Con estos datos de Alexa.com, web subsidiaria de Amazom.com, convén non enganarse: ao día de hoxe o mellor escaparate para Camariñas e as súas empresas é camarinas.eu e o que non sala nas súas páxinas é prácticamente como si non existise. Ademáis, premia o rigor no traballo e a imparcialidade política consagrando a línea dunha web  que foi a única en defender dende o primer día a integridade territorial do concello, que nunca se adicou a inventar polémicas absurdas, a instigar patrioterismos baratos ou a publicar falsos rumores: din que, fálase de, poderíase ser que, un supuesto lobo... En todo caso, si queres saber quen e quen a día de hoxe nesta Costa da Morte dos nosos pecados consulta a lista que publica camarinas.eu

     
    Sentencia xudicial sobre o Caso Lin
    (153 votos)

    Camarinas.eu seguirá ata o final ca Familia Lin e ca Familia do Ghallegho na defensa do que é xusto
    Camarinas.eu seguirá ata o final ca Familia Lin e ca Familia do Ghallegho na defensa do que é xusto

    Disconformidade absoluta

    De ser certas as informacións xornalísticas que pululan por ahí, nos pois como din os políticos nestes casos: acatamos pero non compartimos. Non compartimos en absoluto. Nun país no que asesinos, violadores e maltratadores da peor especie reciben penas leves de prisión ou xa nin as reciben e no mesmo día no que sete acusados apresados in fraganti con ¡¡112 kilos de cocaína!! saen libres en Valencia, condenar a tres humildes irmáns mariñeiros, os Campaña Carril a catro anos, a Manuel Caamaño a tres e a Chabeli a dous anos, parécenos unha obscenidade. Con todo, débese manter a calma e esperar que instancias xudiciais superiores revisen o caso, fagan xustiza e sitúen a causa nos seus xustos términos.

    Por outro lado, por un suposto delito contra o medio ambiente, os patróns das embarcacións "Lago 2" e "Manuel de Lin" non poderán ir ao mar durante 12 meses, o que ven a supoñer un golpe brutal para a economía dun concello en permanente crisis económica, situado nunha das zonas máis deprimidas de España, enviando a máis de vinte familias ao paro no medio da peor crisis que azotou a España en 50 anos. Aquí, en camarinas.eu dende o primer momento volcámonos ca defensa dun caso que entendíamos sobredimensionado e así seguirá sendo ata o final, sempre da man das familias afectadas. Por elo, co debido respeto e facendo uso do único dereito que nos asiste (o da pataleta), rogamos a súas Señorías que teñan que fallar en vía de apelación, que non traten de buscar cabezas de turco nin de dar escarmentos, e que se limiten a facer xustiza. Simplemente eso, facer xustiza.

     
    Camarinas.eu chega aos 8.000.000 de visitas
    (81 votos)

    Quen lle ía a decir a estes rapaciños que un día levarían a Camariñas ata a estratosfera sideral de internet
    Quen lle ía a decir a estes rapaciños que un día levarían a Camariñas ata a estratosfera sideral de internet

    ...e de maiores, fixéronse muchimillonarios...

    Millonarios en visitas, que non en cartos (desgraciadamente), porque podedes estar seguros que si a semellanza daquel maná co que Deus regou tan prolixamente ás tribus de Israel no Deserto do Sinaí nesta destartalada redacción caerán do ceo 8 millóns de euros, aquí decretábase o peche patronal e destes redactores non quedaba nin o rastro. Pero, queridos usuarios, como esto non vai a acontecer haberá que seguir cumprindo abnegadamente as nosas labouras xornalísticas e continuar constituindo a alegría e a dicha do común do Concello de Camariñas.

    Chegamos este xoves 21 de xaneiro de 2010 a esta cifra muchimillonaria tan só nove semanas despois de acadar os sete millóns (15/11/2009) e no medio de reformas de importante calado: actualizando o sistema xestor de contenidos 1.0 a unha versión 1.0 superior. así como todos os componentes e módulos cos cales levamos traballando máis de un mes. Todo elo necesario para o salto definitivo a joomla 1.5 que será toda unha revolución tanto no contenido como no código fuente. Pero deixando todos estes tecnicismos aparte, aquí seguiremos coma sempre: rigor, nunca houbo moito; credibilidade, fúmola perdendo a chorros polo camiño; seriedade...en fin, ata un can chegou a ser redactor (e axente de policía). Pero, independencia eso si que non nolo quita nadie. E así chegamos aos 8.000.000 de visitas e convertímonos en muchimillonarios. Mellor era en cartos, pero...

     
    Camarinas.eu: Sete millons de visitas
    (61 votos)

    Convocada a 2ª Cena Fin de Ano de camarinas.eu

    O 15 de novembro de 2009 camarinas.eu chegou á cifra imbatible de 7.000.000 de visitas
    O 15 de novembro de 2009 camarinas.eu chegou á cifra imbatible de 7.000.000 de visitas

    Facer 1.000.000 de visitas en tres meses, eso queridos amigos, só está altura do líder intratable da Costa Atlántica, auténtico referente de xornalismo pioneiro en Galicia, e agora que vemos a través do medidor global www.alexa.com o hundimiento absoluto e xeralizado (nalgúns casos con pérdidas de ata 300.000 postos) de webs da zona, a única que resiste firme ao temporal que azota o ciberespacio deste rincón do litoral atlántico foi aquela que un día de agosto hai 27 meses chegou para revolucionalo todo cuns contidos e unha forma de entender o xornalismo diferente a todo o visto ata entón.

    Para celebrar estos 7.000.000 imos recuperar unha das nosas vellas tradicións: a de celebrar unh ceniña para reunir aos amigos de camarinas.eu e ver de achegar entre todos uns pesiños que contribúan a financiar este medio de comunicación que contribuío a espallar a existencia de Camariñas polos cinco continentes. O día será o sábado 19 de decembro, do restaurante e do prezo do plato xa informaremos en vindeiras datas. Cena na que falaremos ao fiel electorado de camarinas.eu acerca da nova versión da web que está previsto se presente en sociedade a principios de  2010 como unha aposta pioneira no panorama de internet de Galicia, na que presentaremos a Asociación de usuarios de camarinas.eu e na que pode ser que caia algún que outro premio a camariñáns eminentes ao longo deste moribundo ano do Noso Señor 2009.

     
    A Caramiña: Pranta Nacional do Concello de Camariñas
    (91 votos)

    A maior explosión de caramiñas da historia

    O Areal de Trece e Monte Blanco albergan a maior concentración de caramiñas do mundo
    O Areal de Trece e Monte Blanco albergan a maior concentración de caramiñas do mundo

    Camarinas.eu procede a poñer punto e final á máis impresionante xeira de reportaxes nunca adicada ao conxunto de praias máis paradisíaco do mundo, o Areal de Reira, cun especial en honor á Pranta Nacional do Concello de Camariñas: a caramiña ou corema album, o arbusto que lle da ata o seu propio nome. Porque a través das constantes expedicións dun agosto que resultou altamente satisfactorio dende un punto de vista playero puidemos constatar como un exército de arbustos de caramiña acabou por extenderse por lugares remotos onde nunca asomara antes, adueñándose de todo Reira e esparcindo por doquier o amargo aroma da planta máis camariñana: a Praia Grande,  a Praia do Medio, as alturas da Pedrosa... Pulsa na imaxe para ver a sinxela homenaxe de camarinas.eu á Planta Nacional do Concello de Camariñas.

     
    Editorial: Segundo Aniversario de camarinas.eu
    (110 votos)

    Xa pasaron dous anos dende que camarinas.eu revolucionou o mundo do ciberespacio en Camariñas
    Xa pasaron dous anos dende que camarinas.eu revolucionou o mundo do ciberespacio en Camariñas

    Hoxe cumpre dous anos camarinas.eu

    Dentro de moitos anos, cando xa non estemos sobre este mundo pecador e corrompido, haberá que recordar con orgullo que unha vez houbo unha web creada nunha vila de 2.500 almas e nun Concello de pouco máis de 6.000 que chegou a ser o 10º medio de comunicación de Galicia. Que en dous anos acadou 6.000.000 millóns de visitas. Que chegou á cifra récord de 2.500 usuarios. Que creada a partir de componentes gratuitos do xestor de contenidos Joomla e xestionada no seu tempo libre de forma desinteresada por un puñado de redactores chegou a marcar o antes e o despois na comunicación por internet no Concello de Camariñas e por extensión na Costa da Morte. Porque sexamos realistas: antes de camarinas.eu non había nada. Nada.

     
    Reportaxe sobre Juanillo no Depor Sport
    (98 votos)

    Camarinas.eu, referente da Prensa Deportiva

    Periódicos de toda España fanse eco da xesta deportiva protagonizada por un futbolista camariñán
    Periódicos de toda España fanse eco da xesta deportiva protagonizada por un futbolista camariñán

    "La página web camarinas.eu (referente en la Costa da Morte) obró el milagro e hizo que la población costera vibrase con su ídolo". Nesta ocasión foron os nosos compañeiros do Depor Sport, periódico deportivo auténtico referente do deportivismo en Galicia e exemplo de bo facer e profesionalidade xornalística, os que recoñeceron a humilde pero entusiasta labor de camarinas.eu como web líder indiscutible desta Franxa Atlántica. Nunha páxina completa a cinco columnas, chega a entrecomillar un párrafo enteiro da noticia publicada por camarinas.eu con motivo do ascenso do Cartagena á Segunda División aderezado todo elo con ata tres fotos da sinxela pero familiar festiña montada no Arnela o domingo. 

    É de sinalar que o interese amosado polo diario oficial do Real Club Deportivo da Coruña chega ata o punto de entrevistar a Juanillo este luns con motivo da visita oficial do Cartagena ao Concello da localidade. Recoñecemento ao que se debe sumar a entrevista realizada ao Mago de Corea pola Radio Galega. Porque para eso nacío camarinas.eu: para levar a voz de Camariñas, o noso concello da alma, e dos camariñáns, polo mundo. Misión que entendemos cumplida cando un diario da categoría do Depor Sport reproduce un texto no que se fala das suculentas tapas servidas por Marisa ou publica unha foto do noso amigo Tedín en primeira plana. Dentro de cincuenta anos, cando o recordemos si é que aínda vagamos por esta terra pecadora, ese será o noso maior orgullo. Gracias por contribuir a facer esto posible.

     
    Camarinas.eu: A web de todo un concello
    (41 votos)

    Camarinas.eu chega aos 5.000.000 de visitas

    Seguramente ata Fernando Redondo lle pegou unha ollada a camarinas.eu: a web líder da Costa Atlántica
    Seguramente ata Fernando Redondo lle pegou unha ollada a camarinas.eu: a web líder da Costa Atlántica

    Aquí en camarinas.eu cando vimos que chegáramos á cifra impensable de 5.000.000 de entradas o primeiro que nos ven á mente foi Fernando Carlos Redondo Neri, aquel mediocentro ca elegancia dun príncipe que vestindo o dorsal número 5 do CD Tenerife primeiro, do Real Madrid despois e entremedias da Selección Arxentina, fixo historia nos campos de fútbol de todo o mundo. Como fixo historia camarinas.eu, eso sí, máis humildemente e na nosa pequena esfera de influencia dende que hai pouco máis de 20 meses botara a andar a trompicóns creando unha forma de entender o xornalismo amateur que fixo escuela e rápidamente foi seguida e imitada por diversas webs. 

    Programas adicados na TVG en prime-time ("O País dos ananos"), editoriais de análise política que son tomados como referencia por prestixiosos medios autonómicos ("El Correo Gallego"), portadas de La Voz de Galicia, 21.000 comentarios no Libro de Familia, millóns de visitas, pero todo esto sería impensable sin a axuda desinteresada e altruista de todas aquelas persoas que colaboraron en camarinas.eu dende o inicio e sobre todo dos nosos máis de 2.000 usuarios rexistrados, que cos seus comentarios e ocurrencias enchen a web de contidos, amistade e camaradería. Por eso esta cifra máxica de 5.000.000 os redactores de camarinas.eu non a vemos como algo propio senón como un logro que se debe ao arte e talento sin igual deste concello de artistas. por eso entendemos que todos debemos aledarnos e sentirnos orgullosos dos números e logros de camarinas.eu. Porque en definitiva todo esto é voso.

     
    Camarinas.eu, referencia xornalistica da Costa da Morte
    (75 votos)

    Camarinas.eu, portada de La Voz de Galicia

    A nosa cobertura informativa do alixo de hachís mereceu unha portada nacional de La Voz de Galicia
    A nosa cobertura informativa do alixo de hachís mereceu unha portada nacional de La Voz de Galicia

    Hoxe, luns 13 de abril de 2009 foi un día especialmente feliz para todos aqueles que sacamos adiante camarinas.eu dende hai case 20 meses: o esforzo levado a cabo por esta redacción víose recompensado cunha portada a nivel nacional e cunha páxina completa a catro columnas de La Voz de Galicia, o medio de comunicación líder na Comunidade Galega, referencia de bo facer xornalístico a nivel estatal e de rigor e seriedade  dos seus profesionais dende hai máis de 125 anos. Tempo atrás no editorial publicado con motivo dos 4.000.000 de visitas xa adiantábamos que esta web estaba a convertirse na gran referencia xornalística da Costa da Morte para os grandes medios autonómicos.

    Todo elo, creemos, pola nosa querencia polo traballo ben feito, sen apresuramentos, imparcial e obxectivo, con especial coidado nos contidos gráficos (fotos, montaxes, vídeos) así como nos escritos, ben sexa na redacción diaria das noticias ou na calidade literaria dos textos de tódolos colaboradores culturais. E esto a pesar do noso carácter un tanto anárquico e indolente ("a alma eslava de camarinas.eu") que leva a que por exemplo con motivo de grandes citas como a inauguración oficial da Mostra do Encaixe (posiblemente o evento de carácter socioeconómico máis importante do ano en Camariñas) ningún dos redactores principais asome por alí e menos mal que estaba Lucía, a redactora número 1 de camarinas.eu (á que ninguén avisara previamente), que sacou unhas cuantas fotos e bueno, hubo que improvisar un texto sobre un acto no que non se estivera...e aínda así esta noticia acadou cáseque 1.200 visitas en menos dunha semana, números moi respetables para unha web amateur feita na Costa da Morte. En fin, queridos usuarios, somos xente de moral débil e alicaída, por eso dámosvos especialmente as gracias por aturarnos tal e como somos, cos nosos erros e os nosos acertos, e por vos continuaremos loitando día a día ca competencia para seguir sendo o líder da Costa Atlántica (ata onde queira que chegue esta).

     
    Camarinas.eu: Web mais vista da Costa da Morte
    (95 votos)

    O fenómeno social máis importante da Costa Atlántica

    Algúns dos usuarios da comunidade virtual máis importante da Costa da Morte: 1.800 usuarios rexistrados
    Algúns dos usuarios da comunidade virtual máis importante da Costa da Morte: 1.800 usuarios rexistrados

    ¿Podía alguén preveer que algún día unha web feita na remota e illada  Vila de Camariñas chegaría en pouco máis de 18 meses de tortuosa existencia aos 4.000.000 de visitas? Eso foi exactamente o que pasou na noite do mércores 11 de marzo de 2009, cando a web máis vista endexamais nesta Franxa Atlántica chegaba a esa cifra máxica, a cal debe levar a pensar xa en camarinas.eu como un auténtico fenómeno social que día a día aumenta o seu número de visitas e como o medio de comunicación de referencia da Costa da Morte no que se fixan os principais medios autonómicos de prensa, radio e televisión (este sábado, El Correo Gallego. A semana pasada, o programa "O País dos Ananos" da TVG).

     
    << Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>

    Resultados 1 - 10 de 37

    Nosos Patrocinadores

    Notas de prensa

    (06/03) Previa Porriño vs. Encaixe-Camariñas

    Nota de prensa que nos envían dende o Club de Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas e na que se nos desgrana polo miúdo o próximo partido que enfrontará as nosa...
    Ler todo ...

    (02/03) Nota para os traballadores da construccion

    O próximo 31 de decembro de 2011 os traballadores e traballadoras do sector da construción para desenvolver o seu traballo deberán estar en posesión da Tarxeta profesio...
    Ler todo ...

    (02/03) Concurso de Baile Tradicional Galego na Ponte do Porto

    O vindeiro 11 de marzo remata o prazo para inscribirse no "II Concurso de Baile Tradicional Galego Feira da Ponte do Porto" ...
    Ler todo ...

    (22/02) Rasoeiro 32 - 19 Encaixe-Camarinas

    Nota de prensa enviada dende a dirección do CB Encaixe-Camariñas na que se nos informa sobre a derrota sofrida polo equipo camariñán este fin de semana polo equipo de O Gro...
    Ler todo ...

    (20/02) Presentacion do equipo de regatas do Club Nautico de Camariñas

     Nota de prensa remitida dende o CNC que nos conta como este sábado as 12:30 presentarase o seu equipo de regatas. ...
    Ler todo ...