Escrito por Administrador    Viernes, 02 de Noviembre de 2007 22:41   
Novos inmigrantes en Camelle
Noticias do Mar - Camelle e Arou

Dous rapaces indonesios mariñeiros en Camelle

Mariñeiros en Camelle
Mariñeiros en Camelle

Moito cambiou o panorama mariñeiro da nosa Costa da Morte dende que os nosos avós se embarcaban á aventura naquelas tarrafas e botiños en épocas non tan lonxanas. Sen dúbida que moito cambiou ata o punto de que de que ata do outro lado do mundo, dende Asia, chega xente a traballar nos novos e sofisticados buques que saen a faenar desde todos os portos desta costa.

Aos abundantes peruanos que tan duro traballan nos barcos da rede de Camariñas, súmanse estes dous indonesios que, por mediación dunha axencia de traballo chegaron para traballar en Camelle no barco "Juan Pedro 1" que forma parte das embarcacións dunha coñecida familia de armadores camelláns. O pasado de Camariñas e de toda a Costa da Morte estivo vinculado estreitamente ao mar ata tal punto de que este lugar non existiría sin a pesca. Por iso non podemos deixar de pensar o que suporía para o noso pobo e para toda esta zona costeira a pérdida ou intento de desmantelar a industria máis importante que temos: a pesca de baixura.


Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

moito cambioucurrodetras 03-11-2007 01:56 #

antes nos tempos de nosos avos,eran un sento de mariñeiros para catro tarrafas,ahora son sentos de cabalos para catro gamelas

Responder | Responder con una citación | Citar
Mikel 04-11-2007 11:54 #

Eu persoalmente non tivenningún inmigrante conmigo traballando,,,, ,ahora si,,,polo que podo ver,,,son xente que cumple a diario co seu traballo,non tiveron percance algún no pobo nin problemas de ningún tipo,,,,,algún dia fumos nós polo mundo(antepasad os)agora benvidos e bentratados os que veñan.A fidelidade deles chega ata tal punto,,que un dia un barco do cerco,,atracand o en terra pediolle a un mariñeiro peruano que aguantase do cabo que estaba enganchado a o barco,,,o patrón doulle atrás,,,e o pobre mariñeiro ao ver q non aguantaba do peso e da forza do motor,,,non soltou o cabo,,,foi ao mar,,,si señor,,,eu non teria tanta fidelidade hacia ningún patrón,,,él si a tuvo e despois claro,,,rescatá rono da auga,,,

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar