|
Escrito por Administrador
Miércoles, 29 de Agosto de 2007 03:32 |
|
| Firmas contra a piscifactoria de Arou
|
|
Noticias do Mar -
Camelle e Arou
|
|
Vista aérea da costa de Reira
A asociación para a defensa ecolóxica de Galicia (ADEGA) e veciños afectados polo plan sectorial de acuicultura de Galicia presentrán mañá centos de "alegacións" e miles de firmas para paralizar estas factorías. A noticia chegounos desde o rotativo lucense El Progreso. Nós desde camarinas.eu gustaríanos abrir o debate sobre o positivo ou o negativo destas factorías no noso litoral. As xentes deste Concello de Camariñas saben que o traballo aquí está escaso, moi escaso. Máis tamén sabemos que temos unhas paraxes naturais escepcionais con un atractivo turístico increible. Ábrese o debate: ¿Estas a Favor ou en Contra das piscifactorías na costa? Podedes empezar a constestar a esta cuestión pulsando en "Comentar o artigo"
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Administrador
Viernes, 02 de Noviembre de 2007 22:41 |
|
| Novos inmigrantes en Camelle
|
|
Noticias do Mar -
Camelle e Arou
|
Dous rapaces indonesios mariñeiros en Camelle
 Mariñeiros en Camelle
Moito cambiou o panorama mariñeiro da nosa Costa da Morte dende que os nosos avós se embarcaban á aventura naquelas tarrafas e botiños en épocas non tan lonxanas. Sen dúbida que moito cambiou ata o punto de que de que ata do outro lado do mundo, dende Asia, chega xente a traballar nos novos e sofisticados buques que saen a faenar desde todos os portos desta costa.
Aos abundantes peruanos que tan duro traballan nos barcos da rede de Camariñas, súmanse estes dous indonesios que, por mediación dunha axencia de traballo chegaron para traballar en Camelle no barco "Juan Pedro 1" que forma parte das embarcacións dunha coñecida familia de armadores camelláns. O pasado de Camariñas e de toda a Costa da Morte estivo vinculado estreitamente ao mar ata tal punto de que este lugar non existiría sin a pesca. Por iso non podemos deixar de pensar o que suporía para o noso pobo e para toda esta zona costeira a pérdida ou intento de desmantelar a industria máis importante que temos: a pesca de baixura.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Administrador
Martes, 28 de Octubre de 2008 13:46 |
|
| Paseo maritimo de Arou
|
|
Noticias do Mar -
Camelle e Arou
|
Nova fachada marítima de Arou
Imaxen das obras que se están a levar a cabo na praia de Arou
Continuando co seguimento ás obras que as diversas administracións públicas realizan en Camariñas tócanos mirar desta vez cara a nosa querida vila de Arou. Un pequeno e encantador pobo que verá a súa fachada marítima moi mellorada cas obras que está a levar a cabo o Ministerio de Medio Ambiente. Estas obras xa levan executándose hai uns meses nos cales se concluío a 1ª fase que tivo un presuposto de mais de 350.000 euros. Agora estase a realizar a segunda fase que ten un presuposto de 756.650 euros. A inversión total suporá máis de 1.100.000 euros que serán invertidos nesta preciosa vila de Arou.
As actuacións que se están a levar a cabo son a construcción dunha pasarela de madeira pola costa que vai desde a zona de Lobeiras (na primeira fase) ata a famosa praia de Arou, a cal verá ampliada a zona de baño e contará cun novo paseo marítimo e cunhas instalacións propias dunha praia da súa categoría (na segunda fase). Despois acondicionarase cunhas melloras moi necesarias na carretera que vai de Arou ata Camelle pola costa. Pero eso, queridos amigo, será cando nos vexamos no "Encuentro en la tercera fase"...
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Jueves, 27 de Noviembre de 2008 21:47 |
|
| Puerto Exterior de Camelle
|
|
Noticias do Mar -
Camelle e Arou
|
Seguimento ás obras no Concello: Camelle
 O bravo mar de Camelle terá no Puerto Exterior un enemigo imbatible nas súas acometidas
camarinas.eu no seu seguimento as principais obras públicas que se están levando a cabo no Concello de Camariñas fai nesta ocasión recalar o seu tour informativo na nosa querida vila de Camelle, a cal sen dúbidas foi agraciada cos dous últimos grandes proxectos faraónicos desarrollados no noso municipio: o impresionante Centro Cultural de Man e o Puerto Exterior. Precisamente, este último cun orzamento cercano aos tres millóns de euros e cun plazo de execución estimado inicialmente en 18 meses, foi o que atraío a atención da web líder da Costa Atlántica.
A obra, financiada e executada dada a súa gran magnitude e orzamento pola Xunta de Galicia, foi adxudicada á empresa Construcciones López Cao, a mesma que xa dende hai uns bos cuantos meses leva a cabo a eterna obra do Paseo Marítimo de Camariñas. Sen embargo en Camelle estamos a falar dunha obra dunha gran complexidade técnica, na que se tiveron que mover preto de un millar de bloques de formigón de ata 55 toneladas moitos deles, e que estiveron aloxados na zona portuaria, no entorno da escola e no campo de fútbol, ca conseguinte polémica co noso querido párroco camellán Don Eulogio. Unha vez rematada a obra, Camelle gañará preto de 90 metros ao mar, tendo un dos portos máis importantes e seguros da Costa da Morte. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica do Puerto Exterior de Camelle.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Administrador
Miércoles, 25 de Febrero de 2009 20:30 |
|
| Novas obras na praia de Camelle
|
|
Noticias do Mar -
Camelle e Arou
|
A Praia de Camelle quedará limpia como unha patena
 A Praia de Camelle pasará a ser un dos principais areais da Provincia da Coruña
Aquí en camarinas.eu gústanos rastrexar o ciberespacio na búsqueda de noticias referentes ao Concello de Camariñas e así no día de hoxe enterámonos que o Ministerio de Medio Ambiente ven de licitar unha iniciativa pioneira consistente na rexeneración de praias radicadas en núcleos urbanos como medio de facelas máis aptas e idóneas para o turismo. Tras un examen exhaustivo, o areal elexido foi o de Camelle onde se invertiran preto dun millón de euros en seis meses e todo elo enmarcado no Plan E do Goberno Central para a reactivación da economía española nestes duros tempos de crisis. Pulsa na vista aérea de Camelle para ler a noticia completa e ver unha impresionante galería fotográfica que recorre a historia deste célebre areal camellán.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
|
|
|