Escrito por Administrador    Viernes, 17 de Agosto de 2007 11:38   
Noticias do Mar: Marisqueo en Area da Vila
Noticias do Mar - Noticias do Mar Camariñas

Area da Vila: A praia con dereito a mariscar

Para comer unha mariscada en Camariñas non fai falla ir ao restaurante
Para comer unha mariscada en Camariñas non fai falla ir ao restaurante

Estába a redacción de recente creación de camarinas.eu a dar unha ronda na mañá deste 17 de agosto de 2007 polo Paseo Marítimo que discorre a carón da Praia de Area da Vila cando puidemos obsevar  como unha auténtica muchedumbre apelotonábase no citado areal camariñán para coller puñados de suculento e preciado marisco.

A pesar de que está prohibido e de que obviamente carecen dos permisos de marisqueo correspondentes, a día de hoxe pódese ver a xente apañando ameixa e berberecho na praia de Area da Vila. Neste célebre areal de entrada á Vila dos Encaixes xa había tres ou catro Camariñáns Ilustres que eran os que, digamos, realizaban as tareas de mantenimiento e de limpieza intensiva da praia pero agora ao parecer unha morea de turistas solidarios uníronse a estes paisanos para colaborar en tan altruistas e desinteresadas tarefas.


Por favor, registrate para calificar.
 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar