Banner Top

Log in

O Nuestra Madre Loreto volve a salvar inmigrantes dunha morte segura

  • Escrito por Redacción Camarinas.eu
  • Published in Noticias do Mar

Héroes de Camariñas

O barco pesqueiro "Nuestra Madre Loreto" con base en Santa Pola (Alicante) e tripulación formada maioritariamente por camariñáns volveu, no día de onte, a demostrar a madeira da que está feita a xente mariñeira de Camariñas salvando dunha morte segura en alta mar a catro inmigrantes africanos. Esta proba de heroicidade súmase á que xa demostraron a mediados do mes de xuño cando, tras diversas peripecias, poideron desembarcar a 25 inmigrantes e un cadáver no porto de Trípoli (Libia).

Os irmáns Luis e José Manuel Sestayo, patróns do "Nuestra Madre Loreto" actualmente en labores de captura de gamba no mar Mediterráneo relataron que os catro inmigrantes africanos foron atopados a 90 millas da costa de Malta, tratándose de catro varóns de nacionalidade tunecina. O primeiro deles foi avistado ás dúas da mañán do martes 13 de novembro tratándose dun náufrago que xa levaba dúas horas no mar tras ser arroxado dende unha embarcación, e que polo tanto estaba abocado a unha morte segura. Unha vez feito o rescate, a tripulación da embarcación alicantina prosigueu ás súas labores pesqueiras e pouco despois, ás catro da madrugada, localizaron a outros tres homes que se agarraban desesperadamente a unha boia esperando que unha embarcación salvadora os rescatara da morte. Estes tres inmigrantes tamén procedían de Túnez. Unha vez feitos os dous salvamentos e convintemente atendidos e alimentados o barco dirixíose ao porto de Malta, facendo a súa entrada no mesmo ás 16:30 horas, feito este que constitúe un caso insólito dado que, como se sabe, as autoridades de Malta sempre se mostraron renuentes a deixar desembarcar nos seus portos a inmigrantes clandestinos. Deben ser que a humanidade e altruismo dos mariñeiros camariñáns fixeran que se avergoñaran de sí mesmos.

O pobo de Camariñas volverá a recoñecer a xesta destes mariñeiros
O pobo de Camariñas volverá a recoñecer a xesta destes mariñeiros
Pero, en fin, ¿que outra cousa podía facer un camariñán? No mar Mediterráneo xa están a coñecer de que madeira están feitos os duros mariñeiros desta franxa atlántica. Como mellor exemplo, as propias palabras de Luis e José Manuel Sestayo, patróns das embarcacións, cando, con motivo do anterior salvamento de 25 inmigrantes a mediados de xuño, e tras superar innumerables peripecias e obstáculos para lograr desembarcalos no porto de Trípoli, deron proba da súa humanidade ao ter coma máxima preocupación a de "que agora van a estar peor en Libia que nos últimos tres días con nós no barco, dame moita pena porque eran chavales moi educados. A miña maior ilusión era que foran desembarcados en España ou Italia".
Neste punto debe recordarse, a modo de exemplo, que na xa desaparecida URSS había unha medalla que o simbolizaba todo, que só era concedida a aqueles homes e mulleres que daban proba do máximo heroísmo e sacrificio desinteresado cara os demáis: a medalla da estrela dourada, a Medalla de Héroe da Unión Soviética. Tal vez, e vistas as probas de humanidade, abnegación, altruismo e espíritu xeneroso destes mariñeiros camariñáns, orgullo do noso pobo, o Concello de Camariñas (ou calquer outra administración) debería pensar seriamente en concederlle a esta xente a medalla que simbolice o que realmente son: Héroes de Camariñas.


Foto 1

O Día da Carmen a Danza de Arcos rende homenaxe aos Héroes
O Día da Carmen a Danza de Arcos rende homenaxe aos Héroes


Comentarios   

Mikel
+2 # RE: O Nuestra Madre Loreto volve a salvar inmigrantes dunha morte seguraMikel 14/11/2007 20:03
Poucas personas terian o valor de facer o que fixo Luis e a súa tripulación,,,, ata coller 30 homes sin saber o que te podes atopar e saber levalos nun espacio de pouco mais de vinte metros de largo,,,,para min unha gran hazaña Humanitaria,,,, ,Fenómenos,,,,, ,,,,,
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
+2 # RE: O Nuestra Madre Loreto volve a salvar inmigrantes dunha morte segurareira 14/11/2007 20:54
enhora buena chavales eso si e ser grandes personas ah saludar a meu tio MONCHO que esta feito un chaval saludos titio
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+2 # RE: O Nuestra Madre Loreto volve a salvar inmigrantes dunha morte segurajose de marta 15/11/2007 10:48
Eso e pa que vexan as autoridades que en camariñas os mariñeiros son todos os mellorese eso o que fan no mar, salvar vidas a ver si vos dades de cuenta
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
+2 # salvavidasMachote 15/11/2007 16:08
os mariñeiros camariñans nunca fomos terrorista do mar e demostramolo o que somos en todas as partes do mundo ,xa quixeran decir o mismo os que inventaron a dinamita pa sardiña, eso hay que preguntarllo os de portosin os mas dinamiteros da costa gallega haber si vendo estas cousas lles cai a cara de vergoña bravos camari^nans segide salvando vidas nos tamen somos emigrantes viva camariñas eu do gil
Responder | Denunciar ante o administrador
O SOCO
+2 # PRIMOOOOOSSS!!!O SOCO 20/11/2007 18:40
Enhoraboa primos, Luis, Nel, Manel e amigos Moncho, juan etc... Sodes os mellores. (Deixaredes algo pago no Arnela)...jajaj ajajaja. Saudos dende Suiza ... o voso primo e amigo:... Luis "O Soco".
Responder | Denunciar ante o administrador
PIRUCA
+2 # RE: O Nuestra Madre Loreto volve a salvar inmigrantes dunha morte seguraPIRUCA 22/02/2008 17:31
Xa levo tempo na página e non vira ésto ata hoxe que entrei por casualidad.
A verdade e que sodes uns héroes,estó que fixechedes é un orgullo e máis, se cabe, cando no medio está a miña familia.
Gustoume moito ver a meu tio Luis,Nel e Moncho.
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario

19°C

Camariñas

Fair

Humidity: 64%

Wind: 11.27 km/h

  • 4 Aug 2015 24°C 11°C
  • 5 Aug 2015 23°C 16°C
Banner 468 x 60 px