Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 07 de Marzo de 2011 17:23   
Apoio do CNC a Felipe de Lin
Noticias do Mar - Noticias do Mar Camariñas
Noso querido amigo Pepe sostén un par de ostras do Lady GinaSemana intensa esta última no Club Náutico de Camariñas. Vaiamos por partes, en primer lugar, despois de máis de cinco anos de abandono absoluto, de oídos xordos, mirar para outro lado e trabas burocráticas, finalmente chegou a autorización de Portos de Galicia para o izado a terra dos dous buques antaño propiedade do enésimo aventureiro marítimo británico chegado ás costas do CNC: o Lady Gina e o Plus One. Durante o longo tempo transcurrido de estadía náutica de ámbalas embarcacións dou tempo a que se criara nos seus baixos un auténtico e impresionante viveiro de moluscos bivalvos de tamaño máis que considerable e sabor e aptitudes nutritivas en absoluto recomendables. Así o atestigua o par de exemplares que, semellante a orellas arrancadas a un morlaco bravío por un xove e ilusionado novillero despois dunha meritoria faena, ensinaba a cámara este pasado xoves 3 de marzo o noso querido amigo Pepe, a carón do carro que suxeitaba con seguridade pasmosa a forza e peso dunha embarcación sorprendente.

Decimos sorprendente tras a visita que en rigurosa exclusiva realizaba na soleada e espléndida mañán deste sábado 5 de marzo camarinas.eu aos interiores dos buques en cuestión. Tras asegurar o home das mil funcións náuticas e madridismo de corpo e alma, Moncho, a escada de man que nos permitiría izar os nosos allados osos cara o Lady Gina, que visto o visto non están os mundos para andar de cachondeos, xa a bordo comprobábamos que os interiores da embarcación británica agochaban un palacio propio dun sultán dos de antes de Saddam Hussein. Si por fóra, o universo bivalvo de ostras e mariscos encubrían un sólido casco de ferro, dentro atopábamos un receptáculo espacioso recuberto por táboas de madeira en perfecto estado, alfombras, unha Sony Black Trinitron das que reinaron nos salóns de estar dos fogares durante a década dos 90, amplias cociñas, camas de matrimonio, ata dous baños, etc..., todo o necesario para calificar ao Lady Gina como de buque idóneo para perpetrar unha daquelas impresionantes festas pornoeróticas en alta mar dos anos 70. En fin, un auténtico yate del amor.

Carta de solidaridad do CNC con Felipe Campaña Carril

Máis pequeno polas súas dimensións, de casco de fibra e dotado de un só motor frente aos dous cos que conta o Lady Gina, o Plus One tamén se atopa en moi bo estado de conservación a pesares do tempo transcurrido. Despois de que un día hai xa cinco anos e medio o propietario de ambos (e do buque chatarra que esmorecía no Muelle do Curbeiro) abandonara todo o seu patrimonio naviero nos pantaláns do CNC, tras a autorización de Portos foron subidos a terra, onde se espera esclarecer a súa situación legal, proceder ao seu adecentamento e a súa posterior venta para cas cantidades recaudadas facer frente a cuantiosa débeda acumulada a favor do CNC neste longo período de tempo. Venta, que non subasta, que se saiba o Club Náutico de Camariñas aínda non é unha administración pública, cas súas licitacións publicadas no Boletín Oficial da Provincia, os seus pliegos de cláusulas administrativas, prescripcións técnicas, os seus plazos de presentación de ofertas, mesas de contratación, etc... Incluso xa se fala dalgunha posible oferta presentada por algún dos buques en cuestión.

Por outro lado, na reunión celebrada na mañán deste sábado, tralas inspeccións oculares dos susoditos buques (inspeccións nas que destacou sobremaneira a impresionante labor inspectora dun Comodoro exercendo por un día as súas labouras marítimas en todo o seu esplendor), a Directiva do CNC acordou por unanimidade dos presentes emitir unha nota na que se sinala "o recoñecemento cara a persoa de Felipe Campaña Carril e cara o servizo prestado ao CNC durante os últimos anos, exemplo de honestidade e profesionalidade", "manifestar a plena solidaridade da institución Club Náutico de Camariñas cara a persoa de Felipe Campaña Carril, así como a de todos os membros da súa xunta directiva e APOIAR EXPRESAMENTE A CAMPAÑA PARA TRAMITAR A SOLICITUDE DE INDULTO INICIADA A NIVEL POPULAR, desexando que culmine co maior éxito", e finalmente "promover e facilitar nas instalacións do Club a recollida de firmas, recolléndose neste acto as firmas de todos os directivos integrantes desta Xunta". Directiva da que xa non forman parte, tal como se dou conta na reunión do pasado sábado, Dª. Amparo Vázquez e Dª. Dolores Caamaño, trala dimisión irrevocable presentada por ambas en datas recentes. Posiblemente D. Ramón Ayora cubrirá un dos postos vacantes.

Como decimos datas movidas estas últimas no CNC, cunha serie de acontecementos de importante calado e significado, pero entre os que destaca a do xusto e meritorio recoñecemento da persoa de Felipe Campaña Carril e a do apoio expreso prestado á campaña de recollida de firmas a favor do indulto por unha institución senlleira na Costa da Morte. Detalle do CNC, dunha claridade, oportunidade e señorío indubidables. Un detalle dos que conectan de forma definitiva  a unha institución co pobo que lle da acollida.

Lady Gina: Subida


DSC_2918
DSC_2919
DSC_2920
DSC_2921
DSC_2922
DSC_2923
DSC_2924
DSC_2925
DSC_2926
DSC_2929
DSC_2930
DSC_2931
DSC_2932
DSC_2933
DSC_2934
DSC_2935
DSC_2936
DSC_2937
DSC_2938
DSC_2939
DSC_2940
DSC_2941
DSC_2942
DSC_2943
DSC_2944
DSC_2945
DSC_2946
DSC_2947
DSC_2948
DSC_2949

Lay Gina: Interiores


IMG_2063
IMG_2068
IMG_2070
IMG_2071
IMG_2072
IMG_2074
IMG_2075
IMG_2077
IMG_2078
IMG_2079
IMG_2080
IMG_2081
IMG_2082
IMG_2084
IMG_2087
IMG_2089
IMG_2090
IMG_2091
IMG_2093
IMG_2094
IMG_2095
IMG_2096
IMG_2098
IMG_2099
IMG_2100
IMG_2101
IMG_2104
IMG_2105
IMG_2106
IMG_2107
IMG_2108
IMG_2109
IMG_2111
IMG_2113
IMG_2114
IMG_2115
IMG_2116
IMG_2117
IMG_2118
IMG_2119
IMG_2121
IMG_2122
IMG_2123
IMG_2124
IMG_2125
IMG_2127
IMG_2128
IMG_2129
IMG_2130
IMG_2131
IMG_2133
IMG_2134
IMG_2135
IMG_2137
IMG_2138
IMG_2140
IMG_2141
IMG_2142
IMG_2143
IMG_2144
IMG_2146
IMG_2149
IMG_2150
IMG_2156

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

-1 SORTE, FELIPEBeldoña 07-03-2011 21:23 #

Pois, menuda sorpresa tiña ajachado ese barco. Por unha banda, comida comarea, pa estar fondeado nas Baleas de fora durante unha boa temporada sin vir a terra. E, pola outra, camarotes de luxo pa non aburrirse, si non pican os robalos…” la vida te da sorpresas, sorpresas te da la vida…”
E, ahora, xa un pouco en serio, alegrame moito que ó CNC dea ó seu apoio a causa de Felipe. Son moi boa xente e, ¿ quen de nos non recibiu, de forma totalmente desinteresada, algunha que outra bolsa de sardiñas dos seus barcos ?…Ou, non embarcou no Lago ou no Siro, nas procesións do Carme…De ben nacidos é ser agradecidos.
Pola miña parte, Felipe, hoxe saío por Correos un sobre con unhas 60 firmas que logrei estes 3 días. O meu irmán, creo que che vai a enviar algunha dende Vigo.Non hai tempo á mais.
Sorte, amigo
Antonio Puertas

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar