Noticias do Mar: Marisqueo en Area da Vila
Noticias do Mar - Noticias do Mar Camariñas
Escrito por Administrador   
Viernes, 17 de Agosto de 2007 11:38

Area da Vila: A praia con dereito a mariscar

Para comer unha mariscada en Camariñas non fai falla ir ao restaurante
Para comer unha mariscada en Camariñas non fai falla ir ao restaurante

Estába a redacción de recente creación de camarinas.eu a dar unha ronda na mañá deste 17 de agosto de 2007 polo Paseo Marítimo que discorre a carón da Praia de Area da Vila cando puidemos obsevar  como unha auténtica muchedumbre apelotonábase no citado areal camariñán para coller puñados de suculento e preciado marisco.

A pesar de que está prohibido e de que obviamente carecen dos permisos de marisqueo correspondentes, a día de hoxe pódese ver a xente apañando ameixa e berberecho na praia de Area da Vila. Neste célebre areal de entrada á Vila dos Encaixes xa había tres ou catro Camariñáns Ilustres que eran os que, digamos, realizaban as tareas de mantenimiento e de limpieza intensiva da praia pero agora ao parecer unha morea de turistas solidarios uníronse a estes paisanos para colaborar en tan altruistas e desinteresadas tarefas.

Por favor, registrate para calificar.
 
Firmas contra a piscifactoria de Arou
Noticias do Mar - Camelle e Arou
Escrito por Administrador   
Miércoles, 29 de Agosto de 2007 03:32

Vista aérea da costa de Reira
Vista aérea da costa de Reira
A asociación para a defensa ecolóxica de Galicia (ADEGA) e veciños afectados polo plan sectorial de acuicultura de Galicia presentrán mañá centos de "alegacións" e miles de firmas para paralizar estas factorías.
A noticia chegounos desde o rotativo lucense El Progreso. Nós desde camarinas.eu gustaríanos abrir o debate sobre o positivo ou o negativo destas factorías no noso litoral. As xentes deste Concello de Camariñas saben que o traballo aquí está escaso, moi escaso. Máis tamén sabemos que temos unhas paraxes naturais escepcionais con un atractivo turístico increible. Ábrese o debate: ¿Estas a Favor ou en Contra das piscifactorías na costa? Podedes empezar a constestar a esta cuestión pulsando en "Comentar o artigo"

Por favor, registrate para calificar.
 
Novos inmigrantes en Camelle
Noticias do Mar - Camelle e Arou
Escrito por Administrador   
Viernes, 02 de Noviembre de 2007 22:41

Dous rapaces indonesios mariñeiros en Camelle

Mariñeiros en Camelle
Mariñeiros en Camelle

Moito cambiou o panorama mariñeiro da nosa Costa da Morte dende que os nosos avós se embarcaban á aventura naquelas tarrafas e botiños en épocas non tan lonxanas. Sen dúbida que moito cambiou ata o punto de que de que ata do outro lado do mundo, dende Asia, chega xente a traballar nos novos e sofisticados buques que saen a faenar desde todos os portos desta costa.

Aos abundantes peruanos que tan duro traballan nos barcos da rede de Camariñas, súmanse estes dous indonesios que, por mediación dunha axencia de traballo chegaron para traballar en Camelle no barco "Juan Pedro 1" que forma parte das embarcacións dunha coñecida familia de armadores camelláns. O pasado de Camariñas e de toda a Costa da Morte estivo vinculado estreitamente ao mar ata tal punto de que este lugar non existiría sin a pesca. Por iso non podemos deixar de pensar o que suporía para o noso pobo e para toda esta zona costeira a pérdida ou intento de desmantelar a industria máis importante que temos: a pesca de baixura.

Por favor, registrate para calificar.
 
O Nuestra Madre Loreto volve a salvar inmigrantes dunha morte segura
Noticias do Mar - Noticias do Mar Camariñas
Escrito por Administrador   
Miércoles, 14 de Noviembre de 2007 19:56

Tripulación do Nuestra Madre Loreto, orgullo do pobo de Camariñas
Tripulación do Nuestra Madre Loreto, orgullo do pobo de Camariñas

Héroes de Camariñas

O barco pesqueiro "Nuestra Madre Loreto" con base en Santa Pola (Alicante) e tripulación formada maioritariamente por camariñáns volveu, no día de onte, a demostrar a madeira da que está feita a xente mariñeira de Camariñas salvando dunha morte segura en alta mar a catro inmigrantes africanos. Esta proba de heroicidade súmase á que xa demostraron a mediados do mes de xuño cando, tras diversas peripecias, poideron desembarcar a 25 inmigrantes e un cadáver no porto de Trípoli (Libia).

Por favor, registrate para calificar.
 
Camarinas: puerto refugio para os barcos da Costa da Morte
Noticias do Mar - Noticias do Mar Camariñas
Escrito por Administrador   
Viernes, 07 de Diciembre de 2007 19:16

Buques de varios pobos refúgianse en Camariñas

Imaxe aérea do porto de Camariñas
Imaxe aérea do porto de Camariñas

Ademáis das xa habituais "parejas" e "vacas" do día que arrivan no noso porto tódolos días, esta semana poidemos ver barcos doutras localidades atracados no noso muelle novo debido ao temporal de mar que está a azoutar toda esta costa. No interior da noticia podes ver un video no que aparecen barcos de Laxe, Camelle, Muxía, etc.. no porto de Camariñas.

Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 11