Convocatoria de probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2012
Notas de Prensa - Concello de Camarinas
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Martes, 17 de Enero de 2012 20:11

Concello de Camariñas

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 16 de xaneiro exames para a obtención dos carnéts profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2012 das seguintes especialidades:

Por favor, registrate para calificar.
 
Axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, marisqueo e acuicultura
Notas de Prensa - Concello de Camarinas
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Martes, 17 de Enero de 2012 15:42

Concello de Camariñas

Esta axuda da Consellería do Mar ten de prazo ata 31/1/2012. Pode acadar ata o 60% dos gastos subvencionables e contempla, ademais de axudas para mellora das condicións e comercialización de produtos do mariqueo e acuicultura,  axudas para a comecialización de produtos procedentes esencialmente de desembarcos locais. Esta axuda da Consellería do Mar ten de prazo ata 31/1/2012.Axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, marisqueo e acuicultura.
Por favor, registrate para calificar.
 
Curso de Galego en Camariñas
Notas de Prensa - Concello de Camarinas
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Jueves, 12 de Enero de 2012 09:57

Concello de Camariñas

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, vén de convocar cursos preparatorios de galego para os niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Os cursos son de carácter gratuíto e teñen unha duración de 70 horas. As datas de realización serían entre os meses de marzo e maio. O Concello de Camariñas, a través da Axencia de Desenvolvemento Local, está interesado en solicita-los cursos á Xunta de Galicia para poder impartilos no concello, para iso necesitamos un mínimo de 20 persoas inscritas, quedando supeditada a realización dos cursos á concesión por parte da Xunta de Galicia do permiso correspondente.
Por favor, registrate para calificar.
 
Sorteo dos Empresarios de Camariñas
Notas de Prensa - Asociacións e Varios
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Lunes, 09 de Enero de 2012 16:38

A premiada cos 700 euros posaba así de contenta ao recibir o premio das mans do Alcalde Pichurri e da Presidenta Olga Campos

Establecemos contacto con vostedes para informarlle do resultado dos premios do sorteo da Campaña Nadal 2011: MERCA NO CONCELLO GAÑAMOS TODOS, organizado pola ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E DE PROMOCIÓN TURÍSTICA DE CAMARIÑAS e o CONCELLO DE CAMARIÑAS, que se celebrou este sábado 7 de xaneiro, as sete da tarde cunha Casa de Pedra chea de veciños de Camariñas esperando que as mans inocentes de tres nenas extraeran os eu boleto, deuse a casualidade que a gañadora do primeiro premio estaba presente na sala, sendo o resultado:
Por favor, registrate para calificar.
 
Cabalgata de Reis Magos 2012
Notas de Prensa - Concello de Camarinas
Escrito por Redacción Camarinas.eu   
Jueves, 05 de Enero de 2012 12:32

Os Reis Magos veñen este ano 2012 a Camariñas da man de Juan Cabrejo

Facer máis con menos. En realidade facer todo con nada, sin que ás arcas do noso concello lle coste un só céntimo de euro. Este é o peculiar modo de levar as cousas na súa concellería de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, Concelleiro de Cultura e Deportes e que este  xoves 5 de xaneiro vai ter un novo exemplo ca celebración da Cabalgata de Reis Magos. Arrancará, arrancou, as 12:00 da mañá no núcleo de Brea, unha especie de Kaliningrado camariñán, para chegar máis ou menos á hora en que se escribe esta noticia, 12:30 h, a Santa Mariña. Logo virán Arou (13:00 h), Camelle (15:30 h), Ponte do Porto (17:00 h), Xaviña (18:30 h) e finalmente Camariñas a partir das 20:00 horas, ben na Praza do Concello ben no Pavillón, dependendo da metereoloxía. Uns cantos empresarios patriotas camariñáns que non deron a espalda ás ilusións de tantos e tantos cativos ao longo do noso concello e fixeron un importante esforzo nestes tempos de crise galopante xunto ca labor imprescindible, necesaria, calada pero vital do persoal municipal de vías e obras (a nosa queirda PMO) e Protección Civil fan posible a realización do evento. Todos eles, mailo Coro de Mulleres, recollen o xusto recoñecemento de Juanillo na nota informativa que adxuntamos.

Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 34