|
||||
| Campaña do Comercio en Primavera |
| Notas de Prensa - Asociacións e Varios | |||
Con motivo de animar o comercio minorista no Concello de Camariñas, a asociación de empresarios do municipio ven de inventar unha curiosa e rechamante iniciativa que agradecerán os seus asociados. Os establecementos asociados que participan voluntariamente nesta iniciativa poden ser divisados visualmente polo comprador por estaren adornados con flores fabricadas con botellas de plástico recicladas (tal e como luce na foto de portada a fachada da tenda de roupa infantil Kerubín) e dentro destes establecementos haberá moitos descontos nos seus productos así como tamén se obsequirá a cada cliente con unha rifa para unha cesta con cada compra. En fin, unha boa iniciativa da Asociación de Empresarios que esperemos que non a faga estoupar algún político metido agora a okupa-náuticos profesional cos seus habituais asaltos a negocios particulares. Esta é a nota de prensa que nos mandan dende a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas.A asociación de empresarios e de promoción turística de Camariñas, promove unha campaña de promoción do comercio local. Os días 31 marzo, 28 de abril, 26 de Maio e 30 de xuño poderás facer as túas compras nos comercios que dispoñan do distintivo COMERCIO CAMARIÑAS, obteras descontos importantes e polas túas compras levarás unha rifa para entrar no sorteo dunha cesta de regalos que se realizará o 31 de xuño. Artigos relacionados que che poden iinteresar:
63 días antes Exposición de Pintura "Ventos de Cor" no Faro Vilán
De novo, poñémonos en contacto con vos para convidarvos a unha nova exposición nas novas insta 96 días antes 5º Campionato de Pesca de Camariñas
A Asociación de Empresarios e de Promoción Turísticia de Camariñas organiza a quinta edición 205 días antes Ausencias significativas no Faro Vilán
Xente ocupada, empresarios de éxito, estadistas de recoñecido prestixio político e escrupulosos c 417 días antes Campaña do Comercio en Primavera
Con motivo de animar o comercio minorista no Concello de Camariñas, a asociación de empresarios 499 días antes Sorteo dos Empresarios de Camariñas
Establecemos contacto con vostedes para informarlle do resultado dos premios do sorteo da Campaña
|



