Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 29 de Diciembre de 2011 19:16    PDF Imprimir E-mail
Comunicado dos voluntarios por Man
Notas de Prensa - Asociacións e Varios

A Casa do Alemán aparece hoxe en día cuberta de plásticos do Prestige para denunciar a desidia das administracións

Voluntarios cobren con plásticos utilizados na limpeza do Prestige a vivenda de MAN de CAMELLE. Con motivo do 9º aniversario da morte de Manfred, e en vista do abandono e falta de comprensión das autoridades “incompetentes” respecto do seu legado, voluntarios reunidos no seu velorio, deciden por unanimidade cubrir a vivenda do alemán co plástico utilizado na limpeza do Prestige, como símbolo do CHAPATOTE POLÍTICO-ADMINISTRATIVO que cubre e asolaga este BEN de INTERÉS CULTURAL, turístico e internacional que serviría para dinamizar a zona de Camelle, sentimento compartido pola sociedade en xeral.

No pasado verán, voluntarios de Camelle recolleron máis de 4000 firmas de persoas e turistas que visitaron o Museo de MAN. Resulta polo tanto incomprensible para todas aquelas persoas de bo entender que as autoridades non se ocupen de manter e poñer este ben en valor para beneficio de toda a comarca.¿DE QUE SE OCUPAN?,  ¿A QUÉ ESPERAN?.

Esiximos que de inmediato, o Concello de Camariñas, sen desculpa algunha pola súa parte, denuncie ao Estado polo roubo do patrimonio económico (120.000 euros máis os intereses de demora na súa entrega) de Man, patrimonio á súa vez da humanidade, e esixir, a súa íntegra devolución, pois dita cantidade económica figura no testamento de Manfred única e exclusivamente para ser investido na conservación e divulgación da súa obra.

Non existe VIRAVOLTA XURÍDICA que poda ir en contra do seu desexo testamentario, inquebrantable por lei, no que atinxe á súa propiedade.

VOLUNTARIOS PARA A CONSERVACIÓN DO LEGADO DE MAN

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar