Escrito por Redacción Camarinas.eu    Viernes, 19 de Noviembre de 2010 00:00    PDF Imprimir E-mail
Negocios tradicionais e Web 2.0
Notas de Prensa - Asociacións e Varios
Charla organizada pola Asociación Profesional de Palilleiras de Camariñas (Rendas) e cofinanciada pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

O martes 23 de Novembro, a Asociación Profesional de Palilleiras de Camariñas (Rendas) organiza unha charla cos obxectivos de :
-Achegar aos participantes os principais termos da revolución tecnolóxica.
-Facer ver como o móbil ten mudado o modelo clásico de consumo.
-Introducir aos asistentes nas redes sociais.
-Achegar, dunha forma práctica, exemplos de uso da web 2.0 como fonte de vantaxe competitiva.

Esta xornada pretende ser unha axuda a difusión da sociedade da información entre o pequeno e mediano empresario e facilitar a incorporación dos negocios tradicionais ás novas tecnoloxías.

Programa:

18:15 - Recepción de asistentes e entrega de documentación.
18:30 - Apertura.
18:45 - Posicionamento da empresa tradicional na Internet.
19:30 - Redes sociais e mobile marketing.
20:15 - Marketing en redes sociais para pemes.
21:15 - Coloquio - Fin de xornada.

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar