Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 11 de Abril de 2012 16:00    PDF Imprimir E-mail
1º Encontro de Corais en Camariñas
Notas de Prensa - Asociacións e Varios

O 1º Encontro de Corais de Camariñas celebrarase na Casa de Pedra

As nosas mulleres do Coro Muncipal do Concello de Camariñas están máis activas que nunca e veñen de organizar coa colaboración inestimable da Concellalía de Servizos Sociais do Concello de Camariñas, no cal está ao frente a nosa amiga Mari Carmen Linares, o Primeiro Encontro de Corais de Camariñas no cal estarán presentes varias agrupacións da provincia. Agrupación, por outra parte, que virán convidadas e que representarán un bo feixe de xente que redundará seguramente no turismo da nosa vila. É esta unha iniciativa moi traballada polas organizadoras do evento e que contou cunha masiva resposta colaborativa por parte de gran parte dos establecementos tanto hosteleiros coma comerciais de todo o Concello de Camariñas (tal e como pode verse no cartel que acompaña a esta noticia). As corais invitadas proveñen dende sitios tan dispares como As POntes, San Pedro de Nós ou O Freixo donde esta web ten tantos e tantos amigos. Camarinas.eu, como non podía ser de outra maneira, apoiará tamén masivamente todas as iniciaticas das nosas mulleres e, ademáis de promocionar dito evento tamén realizará unha compreta reportaxe do que aconteza o 14 de abril cando se celebre o 1º Encontro de Corais de Camariñas na Casa de Pedra. Noraboa ás nosas mulleres.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Sábado, 31 de Marzo de 2012 12:49    PDF Imprimir E-mail
Campaña do Comercio en Primavera
Notas de Prensa - Asociacións e Varios

A tenda Kerubín lucía así de bonita esta mañá do sábado 31 de marzo

Con motivo de animar o comercio minorista no Concello de Camariñas, a asociación de empresarios do municipio ven de inventar unha curiosa e rechamante iniciativa que agradecerán os seus asociados. Os establecementos asociados que participan voluntariamente nesta iniciativa poden ser divisados visualmente polo comprador por estaren adornados con flores fabricadas con botellas de plástico recicladas (tal e como luce na foto de portada a fachada da tenda de roupa infantil Kerubín) e dentro destes establecementos haberá moitos descontos nos seus productos así como tamén se obsequirá a cada cliente con unha rifa para unha cesta con cada compra. En fin, unha boa iniciativa da Asociación de Empresarios que esperemos que non a faga estoupar algún político metido agora a okupa-náuticos profesional cos seus habituais asaltos a negocios particulares. Esta é a nota de prensa que nos mandan dende a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 16 de Febrero de 2012 10:27    PDF Imprimir E-mail
IV Campeonato de Pesca de Cabo Vilán
Notas de Prensa - Asociacións e Varios

A cuarta edición do Campeonato de Pesca Vilán xa ten data

Voltamos coa cuarta edición do Campionato de Pesca Mar-Costa CABO VILÁN, que se celebrará o 10 de Marzo de 2012. As bases estan dispoñibles nesta páxina e poderán realizar a inscrición a través do formulario. A couta de inscrición é de 50 € que inclúe licenza federativa, comida e cea de entrega de premios. Os que dispoñan de licenza para o ano 2012 a couta queda en 35 €. Recordar que a inscrición non sera valida sen o ingreso da couta de inscrición que deberan enviar o recibo por email. O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS QUE NON TEÑAN LICENZA REMATA O 6 DE MARZO, CON LICENZA FEDERATIVA ATA O 9 DE MARZO.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 09 de Enero de 2012 16:38    PDF Imprimir E-mail
Sorteo dos Empresarios de Camariñas
Notas de Prensa - Asociacións e Varios

A premiada cos 700 euros posaba así de contenta ao recibir o premio das mans do Alcalde Pichurri e da Presidenta Olga Campos

Establecemos contacto con vostedes para informarlle do resultado dos premios do sorteo da Campaña Nadal 2011: MERCA NO CONCELLO GAÑAMOS TODOS, organizado pola ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E DE PROMOCIÓN TURÍSTICA DE CAMARIÑAS e o CONCELLO DE CAMARIÑAS, que se celebrou este sábado 7 de xaneiro, as sete da tarde cunha Casa de Pedra chea de veciños de Camariñas esperando que as mans inocentes de tres nenas extraeran os eu boleto, deuse a casualidade que a gañadora do primeiro premio estaba presente na sala, sendo o resultado:
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 29 de Diciembre de 2011 19:16    PDF Imprimir E-mail
Comunicado dos voluntarios por Man
Notas de Prensa - Asociacións e Varios

A Casa do Alemán aparece hoxe en día cuberta de plásticos do Prestige para denunciar a desidia das administracións

Voluntarios cobren con plásticos utilizados na limpeza do Prestige a vivenda de MAN de CAMELLE. Con motivo do 9º aniversario da morte de Manfred, e en vista do abandono e falta de comprensión das autoridades “incompetentes” respecto do seu legado, voluntarios reunidos no seu velorio, deciden por unanimidade cubrir a vivenda do alemán co plástico utilizado na limpeza do Prestige, como símbolo do CHAPATOTE POLÍTICO-ADMINISTRATIVO que cubre e asolaga este BEN de INTERÉS CULTURAL, turístico e internacional que serviría para dinamizar a zona de Camelle, sentimento compartido pola sociedade en xeral.
Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 5