O Concello de Camariñas co cofinanciamento da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria e a colaboración da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, organiza unha campaña de INCENTIVACION AO CONSUMO 2014 con actividades que se desenvolveran dende novembro co mercado e os comercios de Camariñas.

Cos bares e cafeterías do Concello que desexen participar queremos organizar a RUTA DAS TAPAS Como outono durante os sábados 29 novembro, 6 e 13 de decembro. Só terán que ofrecer, á súa clientela neses días, coa bebida unha tapa realizada con calquera dos produtos que poden mercarse en calquera tenda ou no mercado de Camariñas (hostalizas, carne, peixe e marisco, conservas, legumes etc etc)

Tamén tentaríamos organizar un concurso de fotos nas redes sociais das tapas que se degusten nos establecementos adheridos o que suporía unha promoción engadida para os establecementos participantes.

As tres primeiras fotos tería unha bolsa agasallo de premio e o primeiro premio ademais tería unha invitación gratuíta no establecemento retratado para 4 persoas dunha bebida+tapa nunha única data elixida polo premiado/a antes do 31 de decembro de 2014. O custe desta degustación-premio correrá a cargo do establecemento retratado na foto gañadora. O Concello de Camariñas dará ao autor/a da foto premiada un tícket identificativo que terá que presentar no establecemento para poder canxealo. A bolsa de agasallo correrá a cargo do Concello de Camariñas que será o encargado de facela chegar ata as persoas premiadas.

Os establecementos que queiran participar só terá que remitir a solicitude cuberta e asinada por correo electrónico que pode descargar ao final desta nota Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou entregala na axencia de desenvolvemento local na Casa de Pedra. O prazo de inscrición rematará o próximo venres 22 de novembro de 2014.

Máis información: Axencia de desenvolvemento local. T.981737004 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Comentarios   

boa iniciativa
+2 # RE: Ruta das Tapas "Coma o Outono" en Camariñasboa iniciativa 24/11/2014 12:07
boa iniciativa a pesares do meu figado que o pobre xa me vai medio destartalado , eu creo que uns dias mais adeguantara , pra esas datas por o noso pobo estaremos e comprovaremos o moito que sabedes facelos ben , bon puntuar
Responder | Denunciar ante o administrador
Caramiñeiro
+2 # RE: Ruta das Tapas "Coma o Outono" en CamariñasCaramiñeiro 24/11/2014 22:45
Diejo estamo jodido contijo no dises nada de junta en Piedra sobre pp e nos queremo copno sermas cousa
solofala o diaro otro e ti nonos di nadada po eso quedemos coñoser mas po ti diejo aqui nonse entender asin ban maltodo som vajos
Responder | Denunciar ante o administrador
barrija chea
+1 # RE: Ruta das Tapas "Coma o Outono" en Camariñasbarrija chea 25/11/2014 14:55
Canto chouriso temos por os redores canta dentadura preparada pra comer einda que sean os intestinos do demo e o demo os que os dirise nin mais nin menos ajora ten un jran problema , ten que ter cuidado , os votos son os votos e ten que ter sentido , eu mando no meu voto , pero ti tes que recoller as redes cheas e eso xa manda carallo , ti sije periodista que somos mais de vinte , os vinte eramos os que pajavamos , cousa que o mellor ti nunca o fisestes , nin tampouco o elexido por ......
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar