Banner Top

Log in

Charla sobre doazón de órganos

O noso querido amigo Luis Martínez Sierra ao frente da loita pola doazón de órganosO noso querido amigo e usuario Luis Martínez Sierra da na tarde deste xoves 12 de xullo de 2012 unha nova charla sobre doazón de órganos no Centro de Iniciativas Empresariais, sito na Rúa do Prado, ao carón mesmo da... Clínica de Camariñas. Será a partires das 20:00 horas e realizarase en colaboración ca Concellería de Asuntos Sociais. Unha charla necesaria, para informarse dun tema que pode axudar a salvar tantas e tantas vidas de persoas que necesitan dramáticamente un órgano. Sempre é de destacar a colaboración desinteresada e permanente de Luis Martínez Sierra na celebración deste tipo de actos así como da Concelleira Mari Carmen Linares Chica poñendo á súa disposición a axuda municipal necesaria, unha muller que renunciou á dedicación que percibía do Concello e que segue a traballar darreo e cuio exemplo aínda seguimos esperando que empece a ser seguido por algún asesor provincial que cobra anualmente máis de 20.000 euros da Deputación pola noble labor de andar tirado polos bares. Pero non pasa nada: para compensar xa está o Goberno para baixar os salarios aos empregados públicos e botar para a rúa a uns cantos de miles dos mesmos, amén de subir o IVA ao xeral da cidadanía. En definitiva, mellor non pensar demasiado nesto porque si non un xa pode ser que tolee (despois aínda se queixarán os nosos gobernantes: "coño, pero cos sacrificios que estamos facendo, que mal vistos estamos"), e nembargantes sí acudir a esta interesante charla, que xa fai a segunda da colaboración Luis Martínez Sierra en nome de Alcer (Asociación para la lucha contra las enfermedades del riñón)-Concello de Camariñas. Hai que dicir que na primeira das charlas estivo presente un rapaciño de Camariñas que se chama Miguel e que esta semana pasada foi transplantado exitosamente de un riñón. Gracias precisamente a unha doazón.

Entrevista a Luis Martínez Sierra


Cartel promocional


Comentarios   

Beldoña
+3 # RE: Charla sobre doazón de órganosBeldoña 12/07/2012 11:34
Enhorabuena y gracias por tan noble labor como es el trabajar sin interés de lucro por los demás.
¿ Para qué queremos un órgano cuando nos muramos, si se va a perder en la tumba ? Si con nuestra acción, logramos salvar vidas, ¿ qué mejor regalo podemos hacer por los demás ?
Los míos, ya los doné para que dispongan libremente de ellos ( si se pueden aprovechar )el día de mañana.
Responder | Denunciar ante o administrador
luis1
+1 # Gracias Amigos de CAMARIÑASluis1 14/07/2012 06:52
Buenos dias a todos amigos de Camariñas, y sobre todo a la concejala Mª del Carmen Linares por ponerse manos a la obra en el tema de la donacion y trasplante, tambien desde estas lineas decir que mi amigo Diego Alonso fue el primero en ayudarme para ponerme en contacto con Mª del Carmen, gracias a los dos de todo corazon.
Espero sigan las charlas de donacion y trasplante y asi seguir concienciando a nuestra gente de la importancia de la donacion. Hasta el año que viene "PAISANOS".
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario

10°C

Camariñas

Cloudy

Humidity: 94%

Wind: 9.66 km/h

  • 23 Nov 2014 11°C 10°C
  • 24 Nov 2014 14°C 9°C
Banner 468 x 60 px