Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 04 de Julio de 2012 09:33   
CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DO SECTOR DA CONSTRUCIÓN
Notas de Prensa - Concello de Camarinas
Concello de CamariñasA Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas colabora coa Fundación Laboral de la Construcción na organización dun curso de prevención de riscos laborais. Este curso, de 20 horas de duración corresponde ó 2º Ciclo de formación en prevención de riscos laborais, obrigatorio no Convenio de Construción.O curso consta de 14 horas comúns e 6 horas de oficio específico.  O curso será impartido por persoal técnico da Fundación Laboral de la Construcción.

Destinatarios: Traballadores / as do sector da construción, autónomos / as do sector da construción, persoas desempregadas (preferentemente con experiencia no sector da construción ou interesadas en traballar no sector)

Prazas limitadas: Duración: 20 horas (14 comúns e 6 de oficio específico)

Para aqueles alumnos / as que xa teñan outro curso de 2º ciclo en calquera outro oficio e queiran complementar máis oficios, ou para os / as que teñan un nivel básico de prevención válido para convalidar polas 14 horas comúns, só terían que realizar o curso de 6 horas do seu oficio específico.

Prezo: 150 € (curso completo)    78 € (6 horas de oficio específico)

Posibilidade de bonificación no caso de traballadores / as por conta allea de empresas que dispoñan de crédito de formación na Fundación Tripartita.

É imprescindible preinscribirse e achegar a seguinte documentación orixinal na Casa de Pedra:

-  Ficha de alumno debidamente cuberta
-  DNI- Tarxeta sanitaria (persoas desempregadas)
- Tarxeta de demanda de emprego (persoas desempregadas)
-  Recibo de pago de autónomos


A tódolos asistentes se lles entregará un diploma de realización da acción formativa.


PARA MÁIS INFORMACIÓN:

CONTACTAR COA  ORIENTADORA LABORAL         
CASA DE PEDRA    981 73 70 04
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00

Escribir un comentario


Artigos relacionados que che poden iinteresar:

324 días antes
CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DO SECTOR DA CONSTRUCIÓN
A Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas colabora coa Fundación Laboral de la C

336 días antes
XORNADA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E TARXETA PROFESIONAL DA CONSTRUCIÓN
Onte (20/06/2012) realizouse no Concello de Camariñas organizada pola Axencia de desenvolvemento Lo

817 días antes
Reforma da Praza do Mercado
De aquí ata o 22 de maio de 2011, datas das eleccións municipais e autonómicas, o pico e a pala d

856 días antes
Obras na Praza do Mercado e Rúa Real
Un 10 de agosto do fenecido ano 2010 camarinas.eu, alma de enxeñeiro xubilado en movimiento, plan

901 días antes
Obras de Saneamento na Agra de Abaixo
Unha das cousas boas de ter unha web independente e de non vivir da política é que non se mira o
Por favor, registrate para calificar.