|
|
| Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de 3 anos |
| Notas de Prensa - Concello de Camarinas | |||
|
A Consellería de Traballo e Benestar establece as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para o ano 2012. Poderán ser beneficiarios aquelas persoas que teñan menores de 3 anos ao 1 de xaneiro de 2012 (nados entre o 2-1-2009 e o 1-1-2012, inclusive) e que, durante o ano 2010, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. Tamén se poderán acoller a esta axuda no caso de fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2010 e o 31 de decembro de 2011; así como os estranxeiros que residan en Galicia sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000 e os requisitos establecidos nesta norma e tivesen a condición de contribuínte para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF.Contía: un pagamento único de 360 € por cada un dos fillos menores de 3 anos. Requisitos:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|
