Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 04 de Enero de 2012 09:32   
Peche do criadeiro de ameixa
Notas de Prensa - Concello de Camarinas
Novo recorte da Xunta de Galicia nun servizo básicoEstase a instalar a máis pura desolación no Muelle Novo de Camariñas. Primeiro, foron as inversións muchimillonarias prometidas no seu día a bombo y platillo por Álvarez-Campana (¡¡ay, xa decíamos nos: si de Presidente de Portos de Galicia estuvera un Campaña!!) xunto aos seus mariachis locais para ver si estes por unha vez lograban gañar as eleccións municipais e que nin para eso serviron, inversións que ninguén nunca verá,  volatilizadas na máis pura farsa, despois o intento de golpe de estado no que anda enfrascada unha minoría radical e violenta nesa mesma explanada do Muelle Novo (mesmos cans pero con distintos collares, con perdón para os cánidos), aferrados desesperados como un cravo ardendo a un bar-restaurante, e agora o despido de seis traballadores e o peche dun servizo básico para o sector do marisqueo en Camariñas e en Galicia. Non, polo que se ve non corren moi bos tempos para a explanada do Muelle Novo. En todo caso, aquí en camarinas.eu procedemos a publicar a nota de prensa remitida polo Concelleiro de Urbanismo, Desenvolvemento Empresarial, Mar e Traballo, Sergio Caamaño:

PECHOU O MINICRIADEIRO DE AMEIXA

O día 28 de decembro a Xunta de Galicia pechou o minicriadeiro de ameixa que hai instalado no muelle de Camariñas.

Neste minicriadeiro traballaban 6 persoas que proporcionaban 8 millóns de ameixas de 12 mm para sembrar. Ameixa que se repartía a tódalas confrarías de Galicia. Pero isto non debía ser rentable cando a Xunta decidíu que non había cartos para continuar con estas instalacións.

Esta decisión conleva a enviar ó paro a 6 persoas, desprover de ameixa para sembrar ás confrarías de Galicia e deixar enriba do muelle de Camariñas unhas instalacións que costaron preto dos 400.000 euros.

 

SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Urbanismo, desenvolvemento empresarial, mar e traballo.
Concello de Camariñas.
Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña.
Tlf: 981737004 - 677433532
Fax: 981736199



Comentarios:

Comentarios  

RE: Peche do criadeiro de ameixaTheo 04-01-2012 19:56 #

Esto si que e triste, pero non parese que lle importa a aljun que se dedica a falar de tunear o sementerio.

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría: