|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Miércoles, 12 de Octubre de 2011 08:20 |
|
|
Oferta de traballo en SEAGA
|
|
Notas de Prensa -
Concello de Camarinas
|
Esta semana a empresa SEAGA abríu o prazo para as ofertas de emprego para os traballos de incendios do ano que ven. Todos aqueles veciños que estiveran anotados o ano pasado poderán comprobar por internet na páxina www.epseaga.com a súa situación e mirar de actualizar os méritos.
Tamén aqueles veciños que non estiveran anotados o ano pasado poden apuntarse ás novas incorporacións: enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal, capataz, xefe de brigada, peón especialista, peón, emisorista, oficial administrativo e auxiliar administrativo.
O prazo remata o 31 de outubro e hai que presentar a documentación na propia oficina de SEAGA en Santiago ou por correo certificado.
Dende a Axencia de Desenvolvemento Local poñemos os medios necesarios para poder axudarvos a preparar toda a documentación.
As persoas interesadas poden pasar pola Casa de Pedra e preguntar por Sergio Caamaño ou pola orientadora laboral.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|