|
|
| AXUDAS A ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS QUE REALICEN ACTIVIDADES CULTURAIS |
| Notas de Prensa - Concello de Camarinas | |||
|
A Consellería de Cultura e Turismo destina 300.000 euros para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais que desenvolven as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas e actividades culturais. Inclúense nesta orde os programas e actividades desenvolvidos desde o 1 de xaneiro de 2011 ata o 31 de marzo de 2012.Para os efectos desta convocatoria, enténdese por programas ou actividades culturais concretas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúen ao espallamento e promoción da cultura en Galicia. Poderán optar a estas subvencións as fundacións, entidades e asociacións culturais sen ánimo de lucro que realicen actividades culturais de promoción da cultura galega e que desenvolvan as súas actividades habitualmente na nosa Comunidade Autónoma.
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|
