|
|
| O Concello de Camariñas en EXPOGALAECIA |
| Notas de Prensa - Concello de Camarinas | |||
|
Dentro do programa “Dinamización de destino turístico: Camariñas” cofinanciado pola Deputación de A Coruña e coa participación do Concello de Camariñas e de la Asociación de Empresarios de Camariñas, do 29 de outubro ao 1 de novembro, o Concello de Camariñas estará presente en EXPOGALAECIA, Salón de Turismo, Gastronomía e Artesanía que se celebrará en Vigo. Prevese a asistencia de máis de 50.000 visitantes e Tour Operadores e Axencias de Viaxes de Alemania, Francia, Bélxica, Portugal, Inglaterra e España. Na mañá do venres 29 de outubro estas axencias reuniranse con hostaleiros de Camariñas para pechar negocios mediante unha axenda con citas pechadas pola organización do salón.A participación nestas mesas de contratación é gratuíta, correndo o Concello de Camariñas coa inscrición na feira e có estand. Tamén se contratará a unha interprete que permita a comunicación coas axencias e tour operadores estranxeiros. O estand contará tamén coa presenza de palilleiras de Camariñas Manuel V. Alonso de León
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|