|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Jueves, 30 de Septiembre de 2010 15:07 |
|
|
Programa de Axudas do GAC
|
|
Notas de Prensa -
Concello de Camarinas
|
Estimada veciña ou veciño: O vindeiro xoves 6 de outubro ás 8:00 da tarde terá lugar no salón de actos da Casa de Pedra de Camariñas unha xuntanza informativa sobre o Programa de axudas do Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte. Neste acto, os técnicos responsables da xestión das axudas explicaran os criterios para a súa concesión, o procedemento e a documentación necesaria, tamén responderan ás preguntas das persoas interesadas.
Esperamos contar coa súa presenza. Reciba un cordial saúdo.
Camariñas, 30 de setembro de 2010.
O Alcalde Manuel V. Alonso de León
Xornada de Difusión e Información Grupo de Acción Costeira Costa da Morte
Data: Mércores 6 de Outubro de 2010 Hora: 20:00 Lugar: Casa de Pedra – Camariñas Entrada: Gratuíta
A xornada está destinada a emprendedores, promotores privados, confrarías, asociacións, entidades públicas locais e o público en xeral interesado no programa de axudas.
PROGRAMA
- Introdución Eixe 4 Fondo Europeo de Pesca – Desenvolvemento sustentable das zonas de pesca. - Grupo de Acción Costeira Costa da Morte (GAC 3) – Territorio de Actuación. - Intensidade das axudas. - Criterios de Concesión de Axudas :
- Finalidade dos proxectos.
- Liñas de actuación que se subvencionan.
- Beneficiarios.
- Gastos excluídos.
- Non inicio.
- Compromisos.
- Compatibilidade.
- Procedemento de Concesión de Axudas. - Documentación. - Rolda de preguntas.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|