Escrito por diegoalfr    Martes, 06 de Julio de 2010 18:59   
Promocion Turistica do Encaixe no Concello
Notas de Prensa - Concello de Camarinas

Nota de prensa enviada polo concelleiro Sergio Caamaño e na que se nos describe as diferentes iniciativas tomadas polo concello para a promoción do turismo a través do Encaixe de Camariñas.

O Encaixe no marco turístico do concello

O Encaixe de Camariñas é obxeto dunha promoción turística especial dende o Concello de Camariñas
O Encaixe de Camariñas é obxeto dunha promoción turística especial dende o Concello de Camariñas

Hai uns meses o noso alcalde Manuel V. Alonso de León (Pichurri) puxo en marcha unha iniciativa para promocionar o encaixe dentro do marco turístico. Dende o mes de maio comezouse a traballar no asesoramento ás excursións que visitan o noso concello organizándolles unha ruta guiada. Primeiramente damos a benvida ós nosos visitantes no Museo de Encaixe onde poden deleitarse cas pezas antigas e deseños utilizados tradicionalmente na zona. A continuación son guiados polas palilleiras das asociacións para poder ver unha palillada en vivo. O punto final póñeo a visita o Faro Vilán declarado Sitio Natural de Interese Nacional en 1933, punto imprescindible na visita e onde está situado o Centro de Interpretación dos naufraxios, faros e sinais marítimas.

A ruta está pensada para un día e xa se está traballando na realización de outra o ver o ben acollida que foi esta. Entre maio e xuño do 2009 recibimos un total de 8 excursións. Este ano e gracias a esta iniciativa máis que duplicamos esa cantidade recibindo no mesmo periodo un total de 21 excursións. Visitantes de Valladolid, Badalona, Madrid, Valencia, Finlandia, Santiago e outros puntos de Galicia e de España, gracias pola vosa visita.



SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Encaixe, Turismo e Traballo.
Concello de Camariñas.
Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña.
Tlf: 981737004
Fax: 981736199

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar