|
|
| Contacontos nas escolas do concello |
| Notas de Prensa - Concello de Camarinas | |||
Nota de prensa que nos envían dende a Biblioteca Municipal de Camariñas e na que se nos explica as próximas actividades que serán desenroladas nos centros educativos de Xaviña, Camariñas, Ponte do Porto e Camelle.
O 24 de maio, contacontos a cargo de Ana Mª Fernández. Título "A meiga dos contos": a meiga Manteiga fai un conxuro cos personaxes dos contos. Ó rematar actividade interactiva con plastilina. No colexio o Areal de Camariñas a actuación realizarase ás 10:30 da mañá e ás 12:00 reproducirase no Colexio de Xaviña.O 31 de maio, contacontos a cargo de Ana Mª Fernández. No CEIP Ponte do Porto, ás10:30h.Título "Na fragua do grilo": contacontos interactivo onde os nenos contan o seu propio conto ó rematar. No CEIP Camelle, Ás 112:00h "O Planeta das palabras": contacontos interactivo onde os nenos xogan coas palabras.
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|