Escrito por diegoalfr2    Martes, 02 de Marzo de 2010 17:22   
Concurso de Baile Tradicional Galego na Ponte do Porto
Notas de Prensa - Concello de Camarinas

O vindeiro 11 de marzo remata o prazo para inscribirse no "II Concurso de Baile Tradicional Galego Feira da Ponte do Porto"

II CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL “FEIRA DA PONTE DO PORTO”

Concello de Camariñas
Concello de Camariñas
 

A Concellería de Cultura do Concello de Camariñas ten o pracer de convidalos á celebración do “II Concurso de Baile Tradicional Galego Feira da Ponte do Porto” que se celebrará o domingo 14 de marzo, ás 11:00h. no concello de Camariñas, na zona do mercado tradicional da Ponte do Porto.

Xuntamos a esta carta as bases do concurso e a folla de inscrición. O prazo para anotarse será ata o 11 de marzo. Poden facelo no teléfono: 661 469 490 e no 981 737 234, tamén enviando a folla de inscrición á Biblioteca Municipal, Praza de Insuela nº31, 15123 Camariñas ou ao correo electrónico: anamartinez.biblioteca@camarinas.net.

Manuel Valeriano Alonso de León, Alcalde do Concello de Camariñas aproveita esta ocasión para enviarlle a vostede e a súa agrupación un cordial saúdo.

Asdo.: O alcalde
Manuel Valeriano  Alonso de León

Bases do Concurso de Baile "Feira da Ponte do Porto"

  • PRIMEIRA.- Convócase o II Concurso de Baile Tradicional “ Feira da Ponte do Porto”. O Concello de Camariñas, con fin promover a Feira Tradicional da Ponte do Porto, acordou a celebración do Concurso de Baile Tradicional Galego “Feira da Ponte do Porto”.
  • SEGUNDA.- O concurso celebrarase o día 14 de marzo, ás 11:00h. no concello de Camariñas, concretamente na zona do mercado tradicional da Ponte do Porto.
  • TERCEIRA.- No concurso poden participar todas aquelas escolas, colexios ou asociacións de baile tradicional galego que o desexen. Sempre que se inscriban previamente nos prazos establecidos.
  • CUARTA.-  Cada agrupación poderá presentar unha única danza.
  • QUINTA.-Cada danza non superará os cinco minutos de duración e o número de bailaríns non poderá ser superior a dezaseis.
  • SEXTA.- Pódese bailar ao ritmo dunha banda de gaitas ou dun CD que terá que facilitar cada grupo participante.
  • SÉTIMA.- Non hai límite de idade.
  • OITAVA.- As pezas de danza non poderán ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames de danza.
  • NOVENA.- A dotación total do premio é  de 530 €. Establecéndose un primeiro premio de 250 €, un segundo premio de 180 € e un terceiro premio de 100 €.  
  • DÉCIMA.- O prazo para anotarse será ata ás 19:00h. do  11 de marzo, poden facelo no teléfono: 661 469 490 e no 981 737 234, enviando a folla de inscrición a Biblioteca Municipal, Praza de Insuela nº 57, 15123 Camariñas ou ao correo electrónico anamartinez.biblioteca@camarinas.net. 
  • UNDÉCIMA.- A presidencia do xurado será asumida pola Tenente Alcalde do Concello de Camariñas ou persoa en quen delegue. A composición do xurado non se fará pública ata o día do certame, contará con persoas vinculadas ao eido da danza e dun ou máis representantes do Concello de Camariñas.
  • DUODÉCIMA.- Ao xurado correspóndelle deliberar, estimar e valorar as danzas presentadas. A súa decisión será inapelable e atenderá a criterios tales como o comportamento no escenario, a calidade dos paseos e puntos tradicionais, a posición dos pés, das pernas e dos brazos, a interpretación e simpatía dos bailaríns e bailarinas no transcurso da danza, a coreografía e a uniformidade e vistosidade dos traxes rexionais galegos.
  • DÉCIMO TERCEIRA.- No caso de empate o xurado procederá a unha nova votación ata conceder os premios estipulados na base novena. Pode declarar deserto algún premio ou todos eles. O xurado do certame terá a competencia de resolver calquera circunstancia non prevista nas presentes bases con total autoridade.
  • DÉCIMO CUARTA.- A decisión do xurado farase pública ao finalizar o concurso e tras un breve período de deliberación que será amenizado pola Escola Municipal de Baile de Camariñas.

Cada participante recibirá unha bebida e un bocadillo ou pastel e cada agrupación un detalle como recordo do evento.

Por favor, registrate para calificar.

Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar