|
|
| Presentacion do equipo de regatas do Club Nautico de Camariñas |
| Notas de Prensa - Concello de Camarinas | |||
|
Nota de prensa remitida dende o CNC que nos conta como este sábado as 12:30 presentarase o seu equipo de regatas. PRESENTACIÓN DO EQUIPO DE REGATAS DO CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS
Este sábado, 20 de febrero, as 12.30 hrs. da mañá, terá lugar a presentación do Equipo de Regatas do Club Náutico de Camariñas. O equipo está integrado por mozos e mozas do Concello de Camariñas, de diversas idades, que comparten todos eles á afección pola vela lixeira.
Está previsto que o equipo participe en diferentes categorías (Optimist, Omega, etc) en distintas regatas e concentracions, Rías Altas, Liga Costa da Morte, etc.
A práctica da vela en Camariñas, especialmente entre os mais novos, está impulsada dende a Concexalía e o Departamento de Deportes do Concello a través da Escola Municipal de Vela e Programas como Mar na Escola. O Club Náutico, ademáis de participar e colaborar nestas iniciativas, impulsa directamente o equipo de regatas, equipo que o ano pasado, no seu estreno, xa conseguiu importantes clasificacions e un brillante primer premio na Clase Omega na regata celebrada no Concello de Muxía, na embarcación patroneada por Helena Ramos Campos.
O presente ano, ten que ser o da consagración do equipo. Se dispón de máis e mellores medios, máis tempo para entrenamentos e clases teóricas e una monitora permanente que exercerá as funcións de Capitana do Equipo, Fátima Campaña.
Sorte a todos e boa singladura.
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|