|
|
| Novos cursos da rede de dinamizacion para febreiro |
| Notas de Prensa - Concello de Camarinas | |||
Nota de prensa da Rede de Dinamización en Camariñas
![]() Imaxe dun curso orientado a persoas que se inician no mundo da informática Desde a Rede de Dinamización da Sociedade da Información de Camariñas e concretamente por parte do seu responsable Óscar Clapés recibimos a nota de prensa na que se nos explica todo o abano de cursos de informática que serán realizados na aula de informática de Camariñas neste mes de febreiro.O caso é que desta volta os cursos programados centraránse basicamente en aprender as cousas esenciais que ten que saber un usuario novato antes de profundizar no ancho e profundo mar que é o internet. En fin, pulsa na imaxe para ler a nota de prensa que nos manda Óscar Clapés dende a Rede de Dinamización.A Rede de Dinamización presenta o seu programa para febreiro en CamariñasCamariñas, a 2 de febreiro do 2010. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Camariñas, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de febreiro. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:
O prazo de inscrición ás actividades remata o día anterior ao comezo das mesmas. A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Camariñas, sito no 1º andar do Centro de Iniciativas (ao carón do centro de saúde), na rúa do Río do Prado, s/n, chamar ao teléfono 981.736.506 ou mandar un correo electrónico ao enderezo oscar.camarinas@dinamiza.fundacioncalidade.org.
Contacto:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|
