Escrito por diegoalfr2    Jueves, 14 de Enero de 2010 12:42   
Directorio de Empresas de Camarinas
Notas de Prensa - Concello de Camarinas

O Concello de Camariñas está levando a cabo a creación dun directorio de empresas municipal na súa páxina web.

O CONCELLO DE CAMARIÑAS CREARÁ UN DIRECTORIO DE EMPRESAS MUNICIPAIS PARA APOIAR E PROMOCIONAR O TECIDO EMPRESARIAL

A Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) do Concello de Camariñas, está levando a cabo un programa de recollida de información sobre empresas do concello co fin de detectar as necesidades destas para poder mellorar o servizo de asesoramento e apoio ás mesmas e realizar a promoción das mesmas ao través da web municipal.

Para este fin, nestes meses unha enquisadora da empresa Abertal coa que se desenvolve este programa de dinamización,  pasará polas empresas de camariñas recollendo os datos básicos para a realización dun directorio que estará á vista pública nun portal de Internet propiedade do Concello ademáis de aparecer tamén nas publicacións que o Concello realice para este fin.

Con esta iniciativa calquera cidadán ou turista poderá localizar calquera empresa do Concello promocionando os productos e servizos aos que se dediquen. En definitiva,  mellorará a promoción económica do Concello e facilitará as transaccións comerciais e captación de nova clientela.

 
Por favor, registrate para calificar.
 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar