|
Escrito por diegoalfr2
Lunes, 14 de Diciembre de 2009 13:03 |
|
|
O Encaixe de Camarinas na Feira Matiz en Madrid
|
|
Notas de Prensa -
Concello de Camarinas
|
Nota de prensa que nos mandan desde a organización da Mostra do Encaixe e na que se nos comenta o éxito acadado pola delegación camariñana que asistíu a promocionar o Encaixe de Camariñas na Feira Matiz na capital de España.
O Encaixe de Camariñas está presente na feira Matiz que se está a celebrar en Madrid desde o xoves, día 10 ao domingo, día 13.O stand co que participamos consiste nunha exposición-venda do enxoval doméstico e agasallos ( pertencentes a tres tendas ),promoción da Mostra do Encaixe mediante folletos e medios audiovisuais, así como, exposición de deseños de grandes deseñadores (dous por día) e promoción turística de Camariñas.
A delegación está composta por:
- Elba Ferrín, representante do Concello, e tres comerciantes de encaixe:
- Mónica Pose ( Encaixes Mónica)
- María Pasantes ( Encaixes Gelina)
- Rosa Liñeiro (Asociación Palillada).
Segundo a información facilitada polas asistentes, dita feira está sendo un éxito para a promoción do Encaixe de Camariñas.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|